O MIHL acollerá o I Congreso Nacional de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza os días 26 e 27 de outubro

Luns, 21 de outubro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Sonsoles López Izquierdo, Deputada de Medio Ambiente, e o fotógrafo, Carlos Caraglia, presentaron o I Congreso Nacional de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza de El Viaje Polar, que se celebrará no MIHL os días 26 e 27 de outubro.

Carmen Basadre sinalou que “é o primeiro evento destas características en Galicia e pensamos que é unha maneira boa de achegar a todos estes profesionais que rexistran os cambios na natureza e tamén para concienciar da necesidade de coidar o noso medio ambiente”.

Carlos Caraglia explicou que se trata dun evento fotográfico e multitudinario no que participan dez dos mellores documentalistas e fotógrafos de España, entre os que destaca Leandro Blanco, codirector dunha serie de documentais sobre o océano de National Greographic.

Os actos comezaran coa inauguración da nova exposición El viaje polar, que recolle imaxes inéditas de diferentes expedicións á Antartida e que se poderá visitar durante dous meses no MIHL. Tamén se fará un percorrido pola cidade e o bosque da Fervenza nun safari fotográfico no que poderán participar os inscritos tanto con cámaras fotográficas como con teléfonos móviles. Ese mesmo día entre as 17.30 e as 20.00 horas levaranse a cabo diferentes proxeccións de imaxes inéditas sobre a pantalla da caixa negra do MIHL.

O domingo 27 ás 11 horas celebrarase o acto Cámaras para salvar o planeta coa que se pretende reunir a centos de persoas con cámaras fotográficas ou teléfonos móbiles  que apuntarán cos obxectivos ao ceo mentres un helicóptero de filmación capte o momento. Paralelamente farase un chamamento mundial a través das redes sociais para que todo o mundo suba unha fotografía do lugar onde vive ao facebook de El viaje Polar.

Para máis información pódese consultar a web www.elviajepolar.es e www.facebook.com/elviajepolar.

Entre os fotógrafos invitados estarán:

CARLOS CARAGLIA
Director de El Viaje Polar e organizador do Congreso que ademais de ofrecer unha conferencia presentará a súa nova exposición con fotografías do seu último viaxe á Antártida.

LEANDRO BLANCO
Gañador de máis de 50 premios internacionais, incluido o de mellor documentalista do ano pola BBC. Ademais é codirector dos documentais da serie “OCEAN NOW” de NATIONAL GEOGRAPHIC, onde sigue traballando actualmente.

ENRIQUE PACHECO
Un prestixioso cinematógrafo con máis de 10 anos de experiencia e un longo percorrido a través dos inhóspitos e maxestuosos paisaxes de Islandia e experto en time-lapse.

ISAAC FERNÁNDEZ
Biólogo e fotógrafo de natureza, premiado en varios certámes internacionais de fotografía de naturaleza como o Memorial María Luisa, Naturalistes de Girona e Oasis Photocontest.

DANIEL ALMEIDA
Filmmaker e fotógrafo profesional, centra o seu traballo na realización de time-lapse para mostrar a beleza dos lugares que visita.

CARMEN MARTÍNEZ
Afeccionada á fotografía que percorrei moitos rincóns, plaias e pobos de Galicia coa súa cámara intentando transmitir a particular beleza que hai detrás dunha comunidade repleta de natureza.

CARLES DOMÈNECH
Fotógrafo que centra a súa pasión en captar a natureza nas súas mellores horas de sono a través da cámara para conseguir resultados sorprendentes empregando a técnica do light-painting.

JULIO GÓMEZ RAINDO
Fotógrafo con más de 22 años de experiencia en la fotografía naturalista de Galicia.

MANUEL VILCHES
Fotógrafo especialista en mostrar temas étnicos e como afecta a relación do ser humano co seu entorno natural, e contar a realidade de pobos que loitan pola súa supervivencia diaria.

MÓNICA REY
Apaixoada da fotografía de paisaxes, nos seus traballos mostra algúns dos paraxes naturais máis fermosos de España.

JOSÉ LOURIDO
Realizou unha viaxe fotográfico durante tres anos visitando numerosos espazos de España e retratandoos para a posteridade.

Multimedia

Noticias relacionadas