O MIHL acolle a primeira exposición de rock que reúne preto de 90 fotografías de grupos locais e internacionais

Xoves, 05 de xuño de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e Julio Gayoso, representante da Asociación Cultural Lugo Rock, presentaron a exposición As imaxes do rock  que se inaugura esta tarde no Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Carmen Basadre explicou que esta é unha asociación nova que xa levou a cabo diferentes eventos e que “agora queren transmitir a través das imaxes os sentimentos que a música rock xera nos seus seguidores”.

Con case 90 fotografías nas que se retratan, dende diversas perspectiva a músicos de Lugo e internacionais pretende promocionar o mundo da música rock e metal mediante os traballos dos doce fotógrafos e afecionados á fotografía que participan neste proxecto.

Pola súa parte, Julio Gayoso, quere deu as grazas ao Concello de Lugo por apoialos para levar a diante esta exposición tan importante para eles. A Asociación Cultural Lugo Rock organizou nos últimos meses as dúas edicións do Festival Solidario Lugo Rock, e o I MercaRock Lugo.

Os artistas que traballan coa fotografía son A Bola de Metal, A Caixa Escura, Anuska Trastoy,  Chema Ríos, Ene, Iria Martínez, Iván Mouronte, Ivana Abad, Laura Villar, Nad VisualArt, Unai Endemaño e Vero. 

Así, as persoas que se acheguen a ver esta exposición que estará durante todo o mes de xuño verán fotografías de grupos como Maldia, Ocean´s Garden, Barbarian Prophecies, Few Days Later, Ever Dream, Galiryon, Kalte Sonne, The Last Twilight, No Nation, Zootropa, Tierra de Cinco Minutos, The Brosas, Estruga, Siempre Fiel, Stick Up, Iron Maiden, Stratovarius, Europe, W.A.S.P., Symponhy X, Michael Monroe, Helloween, Gamma Ray, Los Motores, Judas Priest, Ocelon, Carlos Childe, Tarja, Architects, Legion of the Damned, Megadeth, Grand Magus, Wintersun, Textures, Deals Death, Niña Coyote eta Chico Tornado, The Old Wind, Legacy of Brutality, A.R.D.E.N., Zombie Dolls, Rage,  Iced Earth, Dirty Socks, Nightwish, The Ulex e The Blindcrows.

Multimedia

Noticias relacionadas