O MIHL acolle mañá unha actividade de teatro para nenos e nenas de entre 0 a 4 anos organizado dentro da animación a lectura

Mércores, 23 de abril de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O programa de Animación á lectura e contacontos organizado pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción, ten preparado para mañá unha cita especial de contacontos. Trátase de 4Tempos  interpretada por Teatro do Miolo e que está dirixida ao público máis pequeno, de entre 0 e 4 anos de idade.

Trátase dunha poética e divertida viaxe escénica a través das distintas estacións do ano e elaborado para que os máis pequenos poidan participar nos cambios que se producen eno inverno, outono, primavera e verán. Haberá dous pases de 30 minutos, un ás 17.00 horas e outro ás 18.00 horas. Os interesados poden recoller a invitación na Biblioteca Municipal de Lugo no Parque da Milagrosa.

Pero a programación de animación á lectura continúa con máis actividades para esta primaveira, novos contos e novos contadores que compartirán cos lectores máis pequenos divertidas e fantásticas histórias.

A próxima cita será o xoves 8 de maio coa historia Rás!Contos batracios interpretado por Os Contos de Pablísimo e que está dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e ten unha duración de 40 minutos.

O 15 de maio Elefante Elegante contará o conto Lobo bobo dirixido a maiores de 3 anos e co que se encontrarán respostas a moitas incógnitas dos tradicionais contos.

Finalmente, o 29 de maio, O misterio do pirata Benito Soto quedará descuberto grazas ao contacontos Polo Correo do Vento. A idade recomendade é para maiores de 3 anos e nela mistúrase a oralidade coas ilustracións.

Estas tres citas serán todas ás 19.00 horas no Biblioteca Municipal onde tamén poderán retirar as invitacións para asistir ás actividades.

Multimedia

Noticias relacionadas