O MIHL acolle a exposición de pintura Momentos, de Constantino Cuesta Ibáñez

Felipe Rivas acudiu á inauguración da mostra de 40 óleos sobre lenzo do pintor lucense

A exposición poderá visitarse até o 7 de xuño

Venres, 06 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O MIHL acolle a exposición de pintura Momentos, de Constantino Cuesta Ibáñez

O MIHL acolle unha nova exposición de pintura. O lucense Constantino Cuesta Ibáñez será o encargado de mostrar 40 dos seus óleos sobre lenzo de tamaño mediano e grande. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, indicou que “mirar un cadro de Constantino é sobreexcitar os nosos conos e bastóns, é activar o noso cerebro coa chegada de millóns de impulsos eléctricos que nos farán percibir a cor dun xeito vivo e diferente”.

Constantino define a súa pintura como expresionista con tendencia ao cubismo chegando a explorar o Naif e o psicopictografismo, todo iso, si, e non hai máis que darse unha volta pola exposición para ver que se algo define a obra de Constantino é a diversidade, de temática, de estilo, de contido, de cor.

“Temos ante nós 40 óleos sobre lenzo que serán 40 novas experiencias para os nosos sentidos”, declarou Felipe Rivas, que engadiu “unha explosión de cores, un caleidoscopio cromático, un retallo da vida e obra dun artista un deleite para a vista”. A mostra poderá visitarse até o 7 de xuño na sala de exposicións do MIHL.

Multimedia

  • O MIHL acolle a exposición de pintura Momentos, de Constantino Cuesta Ibáñez

Noticias relacionadas