O mércores pola mañá haberá un corte de auga nas Gándaras, A Campiña e o barrio do Souto debido ás obras de mellora na rede

O Concello de Lugo informa de que as obras de mellora na rede de abastecemento de auga da cidade obrigarán a cortar o subministro na zona das Gándaras, A Campiña e o barrio do Souto. A interrupción terá lugar o vindeiro mércores, 8 de xullo, entre as 9.30 e as 14.00 horas, aproximadamente.

Luns, 06 de xullo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello pide desculpas aos cidadáns afectados polas molestias que lles ocasione o corte necesario para acometer as actuacións de mellora da rede, que se derivan dos traballos de prolongación da Rede Arterial de Augas dende o polígono das Gándaras á estrada da Fonsagrada.

Noticias relacionadas