O Mercado Romano de Mulleres artesás porá fin ao programa de actos para celebrar o Día Internacional das Mulleres

Mércores, 18 de marzo de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza un Mercado Romano de mulleres artesás incluído dentro do programa elaborado polo seu departamento para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, un programa de actos que comezou o pasado 6 de marzo coa entrega dos Premios Entre Mulleres.

Trátase dun mercado no que participarán máis de 90 postos nos que se porán a venda produtos artesás elaborados por mulleres de toda España. Nun ambiente que recreará a época romana poderán atoparse postos con produtos moi variados: calzado histórico, espadas de madeira, lámpadas de arroz, coiro, monicreques, cartón pedra, etc.

O mercado estará aberto na Praza Maior dende mañá xoves día 19 ao 21 de marzo de 11:00 a 14:00 horas polás mañás e de 17:00 ás 21:30 horas polas tardes.

Multimedia

Noticias relacionadas