O luns 8 e martes 9 celebrarase un mercadillo de intercambio de libros de texto na Casa da Xuventude

Venres, 05 de xullo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, pon en marcha un mercadillo de intercambio de libros de texto para o próximo curso que se vai celebrar o luns 8 e o martes 9 de xullo na Casa da Xuventude.

Desta maneira, entre as 11 e as 14 horas todas aquelas persoas que estén interesadas poderán achegarse á intercambiar os libros de texto que xa non van usar por outros que poden necesitar para o próximo curso. Trátase dunha iniciativa para que as persoas poidan aliviar o peso económico que supón a compra de libros novos para o próximo curso. Ademais, en moitas ocasións, os libros de texto, úsanse un curso académico e quedan en bó estado polo que é unha maneira de aforrar e reciclar o material en bo estado.

Noticias relacionadas