O luns 19 ábrese o prazo para a matrícula nas actividades das Aulas Abertas

Venres, 16 de decembro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude informa que dende o luns 19 se abre o prazo para matricularse nas actividades de Aulas Abertas deste Nadal. Estas desenvolveranse os días 26,27,28,29,30 de decembro e o 2,3,4, e 5 de xaneiro en horario de 09:00 horas a 14.00 horas. Esta actividade dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos terá lugar nos centros de convivencia da A Milagrosa, do Sagrado Corazón, de Fingoi, de Lamas de Prado, no María Balteira e no Uxío Novoneyra. O prezo será de 1 euro o día, e a inscrición poderá facerse ata o 23 de decembro nos correspondentes Centros de Convivencia Municipais.

Ademais iniciarase un obradoiro de tear tradicional no Centro de Convivencia de Fingoi para nenos e nenas de 8 a 14 anos en horario de 10:00 a 11:30 horas os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2011 e o 2, 3, e 4 de xaneiro de 2012. O prezo é de 4,8 euros por neno

Bailes para maiores

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude tamén pon en marcha actuacións de música en directo para os veciños e veciñas de Lugo en horario de 18:00 a 20:00 horas. Os días e lugares de actuación son:
Centro de Convivencia Uxío Novoneyra o 25 de decembro.
Centro de Convivencia de María Balteira o día 26 de decembro.
Centro de Convivencia Maruja Mallo o día 30 de decembro.
Centro de Convivencia da Milagrosa o día 1 de xaneiro.
Local Social de Trapero Pardo o día 4 de xaneiro.
Centro Social Díaz Castro de Lamas de Prado o día 7 de xaneiro.

Noticias relacionadas