O LIFE Lugo+ Biodinámico xa exporta as boas prácticas das plantacións demostrativas para impulsar a economía verde

Iniciativas empresarias de fóra do municipio interésanse polas investigacións do souto de castiñeiras, unha das plantacións do proxecto impulsado por Lara Méndez.

A zona das plantacións demostrativas é un proxecto pioneiro na comunidade, que naceu como un espazo de investigación, divulgación e participación aberto ás empresas, a comunidade educativa e científica e á sociedade en xeral.

Venres, 13 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O LIFE Lugo+ Biodinámico xa exporta as boas prácticas das plantacións demostrativas para impulsar a economía verde

Os resultados e as boas prácticas adquiridas nas plantacións demostrativas de cultivos que desenvolve o Concello de Lugo no marco do programa LIFE Lugo+ Biodinámico co fin de crear cidades resilientes e loitar o cambio climático comezan a exportarse fóra de Galicia.

Nesta ocasión, os coñecementos e a experiencia adquirida servirán para axudar nunha plantación de castiñeiros de 22 hectáreas en Borobás (Ourense). Os seus promotores achegáronse ata o novo cinto entre as Gándaras y O Ceao onde o Concello de Lugo, da man da Universidade, plantou un souto de castiñeiros de cinco variedades galegas tradicionais, enxertadas sobre padróns híbridos resistentes á tinta: de Parede, Ventura, Negral, Branca e Garrida. O souto lucense conta con aproximadamente 300 árbores, cunha ocupación de 3,6 hectáreas, onde se investiga sobre os sistemas de plantación, os coidados, as variedades plantadas, a fertilización e os resultados obtidos.

Esta plantación é unha das apostas do Goberno de Lara Méndez para impulsar desde Lugo non só o deseño das cidades sostibles do futuro senón tamén a economía verde, neste caso da relacionada coa castaña.

Non é esta a primeira empresa interesada, xa que achegáronse desde a posta en marcha deste proxecto outras de todas partes de Galicia. A difusión e a transferencia dos resultados é un obxectivo clave do proxecto.

A zona das plantacións demostrativas do LIFE Lugo+ Biodinámico é un proxecto pioneiro na comunidade, que naceu como un espazo de investigación e divulgación e participación aberto ás empresas, a comunidade educativa e científica e á sociedade en xeral.

Ademais do souto de castiñeiros, plantouse unha zona de Arboretum con 15.000 exemplares. Nel reproducíronse 8 bosques autóctonos galegos ordenados cun criterio altitudinal que albergan 55 especies arbóreas e arbustivas para a produción de madeira de calidade. A súa implantación supón, ademais, un refuxio para a biodiversidade, mellora as condicións ambientais da e permitirá un maior zona e de goce da poboación xa que, non deseño tívose en conta ademais a función ornamental e paisaxística que ofrecen estas frondosas como son a cerdeira, fresno, carballo e arce. Ademais, inclúe unha zona de plantas aromáticas onde gozar da aromaterapia de diferentes especies e unha zona de matogueira como hábitat de pequenos mamíferos e aves.

Tamén plantáronse cultivos enerxético nunha área anexa ás das frondosas. Unha hectárea de superficie que sirva de demostración, en contornas urbanas, de produción de enerxía renovable a través de cultivos enerxéticos xestionados de forma sustentable, de modo que fornezan de enerxía a instalacións municipais.

Noticias relacionadas