O IX Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal, co que colabora o Concello, contará con 53 ganderías e máis de 200 animais

Miguel Fernández participou na presentación desta feira de referencia en Galicia, que se celebrará do 27 ao 29 de maio e do 3 ao 5 de xuño no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

Venres, 20 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
 O IX Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal, co que colabora o Concello, contará con 53 ganderías e máis de 200 animais

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García, o Xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Rubén López, o Director Técnico do Concurso Nacional de Saltos, Federico Pérez, e o Presidente de FUDACE, Luis Abelleira, presentaron este venres no Salón de Actos da Deputación o IX Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal, coa que colabora o Concello.

Este evento, feira de referencia en Galicia, celebrarase do 27 ao 29 de maio e do 3 ao 5 de xuño no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Nesta edición participarán un total de 53 ganderías e contará con máis de 200 animais, o que da boa mostra da importancia desta cita, a máis destacada de Galicia e a sexta máis importante de España. Ademais este ano ten como novidade a celebración do 1º Concurso Nacional de Saltos Dos Estrellas Ciudad de Lugo.

Durante a presentación, Miguel Fernández, destacou “a importancia deportiva deste concurso de saltos, así como a relevancia desta cita, que en anteriores edicións acadou un volume de negocio superior aos 300.000 euros e redibiu a visita de máis de 8.000 persoas, para o gandeiro”. Este salón tampouco se olvida, como todos os anos, do cabalo de pura raza galega, que terá o seu espectáculo o día 5 de xuño.

Pola súa banda, Pilar García insistiu no apoio das institucións con estas citas, “posto que dinamizan a economía impulsando directamente ao sector primario, pero tamén outros sectores como ao sector do ocio, do deporte e as múltiples actividades que existen relacionadas co cabalo”.

Luis Abelleira agradeceu desde FUDACE que os organizadores tiveran o xesto solidario de doar toda a recadación da venda de entradas deste evento á Asociación de Dano Cerebral que preside.

Finalmente, Rubén López e Federico Pérez Lago explicaron os detalles da organización das distintas actividades previstas.

Noticias relacionadas