O Inicia Coworking comeza setembro cun novo obradoiro de impulso empresarial

Ana Prieto inaugurou o  taller Onde estamos? Creando Startups e Empresas: Desing Thinking, Investigación Mercados, impartida por Juan Luis Jimeno, especialista en Learn Startup e Learn IT consultaría estratéxica

Mércores, 06 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Inicia Coworking comeza setembro cun novo obradoiro de impulso empresarial

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, inaugurou este mércores o taller Onde estamos? Creando Startups e Empresas: Desing Thinking, Investigación Mercados, impartida por Juan Luis Jimeno, especialista en Learn Startup e Learn IT consultaría estratéxica. Con este obradoiro continúa a actividade da segunda fase do programa Inicia Coworking, que conta con mentores e poñentes de moi alto nivel, ao igual que na primeira quenda.

Neste nova etapa do proxecto toman parte 20 emprendedores, que recibirán durante cinco meses de xeito gratuíto apoio integral, individual e personalizado aos emprendedores e emprendedoras de Lugo para poñer en marcha con éxito a súa empresa, asegurando así a súa viabilidade tanto técnica como económica.

Noticias relacionadas