O II Torneo Semana Santa de Lugo reunirá a preto de 50 equipos das mellores canteiras galegas de fútbol

O Concello de Lugo colabora nesta iniciativa poñendo a disposición da organización os campos municipais José María Rodríguez Lago (As Gándaras).

O edil de Deportes, Mauricio Repetto, felicitou á organización do ADC Sagrado Corazón, que  reunirá a preto de 700 nenos e nenas de toda Galicia.

Mércores, 06 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O II Torneo Semana Santa de Lugo reunirá a preto de 50 equipos das mellores canteiras galegas de fútbol

O concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, presentou hoxe na Sala de Usos Múltiples do Concello de Lugo, o II Torneo Semana Santa – Trofeo Lugo Express, de fútbol sala base para categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Unha xornada que “está organizada por ADC Sagrado Corazón e reunirá a 48 equipos, e preto de 700 nenos e nenas de toda Galicia” apuntou.

O Concello de Lugo colabora novamente nesta iniciativa, poñendo a disposición da organización os campos municipais José María Rodríguez Lago (As Gándaras). Esta edición do Torneo contará con 48 equipos participantes e reunirá a preto de 700 xogadores. O edil destacou o traballo da organización que “se implicou ata conseguir un alto nivel competitivo, e grazas a isto contaremos na nosa cidade coa presenza de moitas das mellores canteiras galegas de fútbol, que aceptaron a invitación para participar no evento”.

O II Torneo Semana Santa – Trofeo Lugo Express, disputarase o 11 y 12 de abril, está autorizado pola RFGF, e disputarase en dous días: o luns 11 de abril, xogarán as categorías Benxamín e Alevín e o martes 12 de abril, a categoría Prebenxamín. Repetto, agradeceu o "traballo espectacular" que está a levar a cabo o ADC Sagrado Corazón. Así mesmo, reiterou o compromiso de colaboración co deporte do Goberno de Lara Méndez.

A organización pola súa banda quixo “agradecer a implicación do Concello de Lugo co club, para poder celebrar un torneo desta magnitude”.

Audio

  • O concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, sobre o II Torneo Semana Santa – Trofeo Lugo Express | Descargar mp3

Multimedia

  • O II Torneo Semana Santa de Lugo reunirá a preto de 50 equipos das mellores canteiras galegas de fútbol

Noticias relacionadas