O II Concurso de Tapas da Milagrosa promove a riqueza gastronómica deste barrio da cidade

Lara Méndez e Carmen Basadre formaron parte do xurado deste certame, que permite degustar as tapas de 20 establecementos da Milagrosa ata o 27 de novembro

Luns, 21 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O II Concurso de Tapas da Milagrosa promove a riqueza gastronómica deste barrio da cidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, formaron parte do xurado do II Concurso de Tapas da Milagrosa, que este luns se reuniu no establecemento Groliños para degustar as distintas presentacións participantes neste certame. Tamén forman parte do xurado o Presidente da Deputación, Darío Campos, o xefe de cociña do Parador Nacional de Monforte, Francisco Ángel Prada, e o ex-xefe de cociña do Restaurante Manuel Manuel, Joaquín Martínez.

As tapas pódense degustar ata o 27 de novembro e o día 30 darase a coñecer o gañador desta edición. O público tamén pode votar neste concurso, organizado polos hostaleiros deste barrio Ángel Espiño, Pablo Pérez e Abel Pillado.

Noticias relacionadas