O Gustavo Freire lembra este mércores a obra e a figura de Cervantes coa representación teatral El Retablo de las Maravillas

Os interesados en asistir aínda poden mercar a súa entrada en www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal Turismo, e no propio auditorio unha hora antes do comezo do espectáculo

Mércores, 17 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

 A compañía de teatro Morfeo Teatro achega este mércores ao Auditorio Gustavo Freire a representación teatral El Retablo de las Maravillas, de Cervantes, dentro do programa da XVI Mostra de Teatro Clásico, organizado polo Concello. Será a partir das 20:30 horas, a cargo de intérpretes de primeira orde, tal e como os definiu a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entre os que se atopan Francisco Negro, Mayte Bono, Felipe Santiago, Adolfo Pastor, Santiago Nogués, Mamen Godoy e Joan Llaneras.

 A edil, quen lembrou que este ano a mostra de teatro clásico rende homenaxe a máxima figura da literatura española, Cervantes, pois cúmplense 400 anos do seu falecemento; convidou a todos os lucenses e visitantes a gozar tanto da interpretación teatral como das tapas inspiradas nesta e no resto de obras que compoñen a mostra, e que se poderán degustar entre o 11 de febreiro e o 12 de marzo por un prezo de 2 euros. Os establecementos participantes son Arrocería os Cachivaches, Canela Bakery Coffee, Mesón de Alberto, Restaurante Antas de Ullas, Restaurante Campos, La Encina, Mangiarte, Manuel Manuel e Paprica.

Para os interesados en asistir a esta representación teatral, as entradas  aínda se poden adquirir na páxina web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no mesmo auditorio unha hora do comezo do espectáculo. 

Audio

  • Carmen Basadre, sobre a nova entrega da XVI Mostra de Teatro Clásico|Descargar mp3

Noticias relacionadas