O Goberno traballa coa previsión de aumentar a 50 os efectivos do parque de bombeiros coas ofertas de emprego público en marcha

A Xunta de Goberno aprobará mañá o tribunal cualificador para as probas de acceso en propiedade a 12 prazas de bombeiro. Os exames comezarán a primeiros de marzo e o proceso concluirá nuns tres meses

Martes, 05 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O equipo de Lara Méndez aprobará mañá en Xunta de Goberno os membros do tribunal cualificador para as probas de acceso en propiedade a 12 prazas de bombeiro conductor incluídas nas ofertas de emprego público que sacou adiante o Executivo cos sindicatos na Mesa Xeral de Negociación. Este é o último paso previo á celebración das probas, que arrancarán o 4 de marzo coa previsión de que o proceso selectivo estea concluído nun prazo aproximado de tres meses.

Con estas 12 prazas, os efectivos do parque de bombeiros pasarán dos 38 actuais a 44 (dado que seis das prazas que saen agora a oposición están xa cubertas por interinos), un número que aumentarían a 50, esto é un 25% con respecto á actual plantilla, coa cobertura das 6 prazas restantes previstas nas ofertas de emprego público. Estes 6 postos cubriranse de maneira interina cos suplentes que queden na lista resultante do proceso selectivo que está en marcha nada máis que este termine. 

Este é un paso máis do Goberno no marco do seu obxectivo de reforzar e incrementar o persoal das distintas áreas municipais, e máis cando se trata dun servizo tan imprescindible como o de extinción de incendios de Lugo.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre os exames dos bombeiros | Descargar mp3

Noticias relacionadas