O Goberno reforzará a plantilla municipal con 114 postos incluídos nas ofertas de emprego público que sacou adiante

Figura un importante número de efectivos dos servizos de protección á comunidade, pois prevese a contratación de 19 bombeiros e 18 policías locais, e tamén de servizos relacionados coas políticas sociais, urbanismo, enxeñería, brigadas, informática ou Administración Xeral

Sábado, 15 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno local reforzará a plantilla municipal con 114 postos incluídos nas catro ofertas de emprego público que logrou sacar adiante no que vai de mandato tras negociacións coas organizacións sindicais. Deles, preto do 60% son de quenda libre e o 40% de promoción interna. A día de hoxe, están convocadas 44 prazas, e outras 12 convocaranse a principios de xaneiro, o que supón a metade do total. As restantes convocaranse seguidamente. Desas 44 xa convocadas, 41 teñen a día de hoxe aprobados os tribunais cualificadores, o último paso previo á celebración dos exames.

Entre os postos incluídos nas ofertas de emprego público, figura un importante número de efectivos dos servizos de protección á comunidade, pois prevese a contratación de 19 bombeiros e 18 axentes da Policía Local, e tamén de servizos relacionados coas políticas sociais (educadores sociais, técnicos de xardín de infancia, celadores de colexio, auxiliares do fogar, entre outros), así como urbanismo, enxeñería, brigadas, informática ou Administración Xeral. Nas catro ofertas de emprego públicas, o Goberno sempre sacou adiante o máximo de postos que permitiu a Lei, tendo en conta que entre os anos 2012 e 2015 o Goberno do PP limitou a contratación ás prazas equivalentes ás xubilacións do ano anterior.

A relación de postos incluídos nas ofertas públicas de emprego en marcha é a seguinte:

OEP 2015 (36 postos)

Quenda libre (18 postos)

  • 2 técnicos de Administracion
  • 1 axente de Emprego e Desenvolvemento Local
  • 2 educadores sociais
  • 1 técnico de xardín de infancia
  • 1 delineante
  • 1 oficial lector de contadores
  • 1 auxiliar administrativo
  • 6 bombeiros conductor
  • 1 axudante de cociña-limpeza
  • 1 celador de colexio público
  • 1 oficial albanel

Promoción interna (18)

  • 1 enxeñeiro técnico agrícola
  • 1 técnico medio da área económica
  • 1 técnico medio de xestión
  • 6 administrativos
  • 2 policía local
  • 1 oficial sepultureiro
  • 1 auxiliar do fogar
  • 1 peón especialista
  • 4 oficiais maquinista fontaneiro

OEP 2016 (22 postos)

Quenda libre (11)

  • 2 arquitectos
  • 6 bombeiro conductor
  • 2 auxiliar administrativo
  • 1 oficial vixiante recadador

Promoción interna (11)

  • 1 enxeñeiro de camiños
  • 1 inspector principal de Policía Local
  • 3 inspectores de Policía Local
  • 2 oficiais de Policía Local
  • 2 administrativos
  • 1 sarxento de bombeiros
  • 1 mestre electricista

OEP 2017 (22 postos)

Quenda libre (17)

  • 1 aparellador
  • 5 policías locais
  • 3 bombeiros conductores
  • 2  auxiliares administrativos
  • 1 lector de contadores
  • 1 oficial vixiante recadador
  • 1 oficial electricista
  • 1 celador de colexio público
  • 1 ordenanza
  • 1 traballador de familia

Promoción interna (5)

  • 1 inspector de Policía Local
  • 3 técnicos medios de xestión
  • 1 administrativo

OEP 2018 (34 postos) | Aprobada pola Xunta de Goberno o día 5 de decembro

Quenda libre (24, o maior número dos últimos anos)

  • 1 letrado asesor
  • 2 arquitectos
  • 1 director de Banda de Música
  • 1 enxeñeiro industrial
  • 1 enxeñeiro técnico industrial
  • 1 coordinador de Deportes
  • 1 técnico superior de informática
  • 3 policías locais
  • 3 bombeiros conductores
  • 3 oficiais conductores
  • 1 oficial conductor maquinista
  • 2 oficiais (brigada de obras)
  • 1 ordenanza
  • 2 celadores
  • 1 operario (brigada de obras)

Promoción interna (10)

  • 1 intendente de Policía Local
  • 1 oficial de Policía Local
  • 1 analista de sistemas/aplicacións
  • 1 administrativo
  • 1 xefe do Parque Móbil
  • 1 coordinador de publicacións
  • 1 técnico auxiliar electricista
  • 1 encargado da Brigada de Zona Rural
  • 1 encargado de Deportes
  • 1 auxiliar administrativo

Noticias relacionadas