O Goberno propón na Mesa Xeral de Negociación convocar 32 prazas dentro da Oferta Pública de Emprego deste ano

23 son de acceso libre, o maior número dos últimos anos, e 9 de promoción interna. En setembro, o Executivo convocará unha nova reunión cos sindicatos para avanzar na aprobación da OPE

Venres, 27 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

23 son de acceso libre, o maior número dos últimos anos, e 9 de promoción interna. En setembro, o Executivo convocará unha nova reunión cos sindicatos para avanzar na aprobación da OPE.

O Concelleiro de Persoal, Daniel Piñeiro, presentou este venres na Mesa Xeral de Negociación, composta por Goberno e organizacións sindicais, a súa proposta para a Oferta Pública de Emprego (OPE) deste ano, que consiste na convocatoria de 32 prazas, 23 de acceso libre e 9 de promoción interna. Agora, os sindicatos estudarán a iniciativa e en setembro o Goberno volverá a convocalos a unha nova reunión para aprobala, se procede nesa xuntanza, ou recibir e analizar posibles achegas.

Para poder presentar unha proposta de OPE, o Goberno esperou á aprobación da Lei de Orzamentos Xerais do Estado deste 2018, que se produciu o 4 de xullo, pois nela recóllese a taxa de reposición de efectivos permitida, máis ampla que a existente. As premisas nas que se basea a oferta de emprego, segundo explicou Piñeiro, son, “ademais do cumprimento de obrigas legais, responder ás necesidades máis urxentes detectadas nos servizos municipais, garantir as cadeas de mando nas distintas unidades e mellorar os servizos que se prestan á cidadanía”.

Esta OPE permitirá reforzar os servizos municipais, “que se viron moi mermados nos últimos anos polas imposicións do Goberno do Estado, pero tamén crear emprego na cidade”.

As 23 prazas que configuran a oferta en quenda libre, o maior número dos últimos anos, son as seguintes:

- 1 praza de letrado asesor

- 2 prazas de arquitecto

- 1 praza de director da Banda de Música Municipal

- 1 praza de enxeñeiro industrial

- 1 de praza enxeñeiro técnico industrial

- 1 praza de coordinador de Deportes

- 1 praza de técnico superior de informática.

- 3 prazas de Policía Local e 3 de bombeiro/conductor

- 1 praza de auxiliar administrativo

- 2 prazas de oficial conductor

- 1 praza de oficial conductor maquinista

- 2 prazas de oficial (brigada de obras)

- 1 praza de ordenanza e 2 de celador

Destas 23 prazas, dúas están reservadas para persoas con discapacidade, unha de celador e outra de arquitecto.

 En canto ás 9 prazas de promoción interna, son as seguintes:

- 1 praza de intendente da Policía Local

- 1 praza de oficial da Policía Local

- 1 praza de analista de sistemas/aplicacións

- 1 praza de xefe/a do Parque Móbil

- 1 praza de coordinador de publicacións

- 1 praza de encargado/a (brigada da zona rural)

- 3 prazas de cabo bombeiro/a  

Noticias relacionadas