O Goberno presenta as contas sobre o orzamento do San Froilán 2016, de 676.500 euros

Fíxoo na Comisión de Festas destes festexos, que tivo lugar este venres no Salón de Comisións

Venres, 23 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno presenta as contas sobre o orzamento do San Froilán 2016, de 676.500 euros

O Goberno presentou este venres, na Comisión de Festas do San Froilán,  as contas sobre o orzamentos destes festexos, que se situou nos 675.500 euros. Fíxoo a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, nunha xuntanza celebrada no Salón de Comisións, na que participaron representantes da totalidade dos grupos da Corporación Municipal. Estas festas patronais atraeron á cidade a máis de 600.000 persoas cun retorno económico de 12 millóns de euros.

Tal e como informou a edil neste novo exercicio de transparencia do Goberno, os ingresos procederon das seguintes fontes: Concello, 635.000 euros, patrocinadores, 11.500 euros (Hijos de Rivera, 1.000;  Aceites Abril, 1.500, Calfensa 1.500, Gadisa, 2.500, Abanca 5.000 e Turismo de Galicia, 3.500), Turismo de Galicia, 15.000 euros e Deputación, 15.000 euros.

En canto aos gastos, Basadre subliñou que a data 19 de decembro, o Concello xa ten pagado 627.000 euros. Nesta liña, fixo fincapé nos seguintes gastos: infraestruturas, 58.821 euros, promocións e difusións, 41.938 euros, premios, 3.300 euros, prevención de riscos, 3.823 euros, sonómetros, 6.636 euros; producións, 162.413€ (aforro de 39.800 euros), stands, 23.631€ (cun aforro de máis de 20.000 euros) carpas, 11.576€, casetas do GastroArte, 10.425€ e iluminación 17.908€ (cun aforro de máis de 12.000 euros).

Ao marxe, polas casetas do polbo, o ferial e o GastroArte ingresáronse 507.456 euros que se incorporarán no orzamento do 2017.

Noticias relacionadas