O Goberno plantexa os vieiros escolares seguros, un proxecto de "recuperar o espazo público como lugar de aprendizaxe e convivencia"

A Alcaldesa e o Concelleiro de Educación deron a coñecer esta iniciativa, destinada a abordar de maneira participativa a educación cara a mobilidade

O primeiro paso será o de  escoitar aos escolares. Os vindeiros días o Concello enviará a unha trintena de colexios e institutos unha enquisa de primeiro contacto sobre os seus hábitos de desprazamento ao colexio

"Os vieiros escolares son moito máis que unha medida máis de mobilidade. Son unha experiencia de explorar a Lugo, e de facelo con máis seguridade viaria e menos contaminación, así como de darlle máis dinamismo á cidade", destacou Lara Méndez

Segundo Manuel Núñez, "a formación é o piar fundamental para o éxito deste proxecto". O Concello, a pesar de non ter competencias en educación, incluirá unha unidade didáctica sobre vieiros escolares dentro dos cursos do PIT, no servizo municipal de comedores escolares, e charlas a cargo da Policía Local

Xoves, 21 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno plantexa os vieiros escolares seguros, un proxecto de "recuperar o espazo público como lugar de aprendizaxe e convivencia"

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deron a coñecer este xoves unha nova iniciativa do Goberno en materia de mobilidade: os vieiros escolares seguros. Para a rexedora, trátase dun proxecto de "facer cidade, aberto, divertido e transversal, que considera o camiño casa-cole como un lugar de aprendizaxe e un espazo ideal para o desenvolvemento das habilidades dos nenos e nenas, a súa autonomía e a súa responsabilidade, así como a súa socialización". Pero ao mesmo tempo este proxecto terá como finalidade a recuperación do dereito da infancia ao disfrute de Lugo, "como un paso imprescindible para chegar a ter a cidade que tanto desexamos: unha cidade de tráfico calmado, cívica, libre, pacífica e respectuosa co veciño", segundo explicou a rexedora.

Vieiros escolares-vieiros seguros é unha iniciativa que está destinada a impulsar a recuperación do espazo público como un espazo de relación e convivencia, unha maneira innovadora e participativa de abordar a educación cara a mobilidade, e un itinerario seguro dos nenos e nenas polas rúas de Lugo para desprazarse das súas casas ata o colexio.

Isto farase a través dun plan de acción, consistente en intervir eses camiños con accións solidarias, cooperativas e comunitarias, tal e como deu a coñecer Lara Méndez. Para elo, o primeiro paso será o de  escoitar aos escolares. Por eso, os vindeiros días, a entidade local enviará a unha trintena de colexios e institutos unha enquisa de primeiro contacto  -para nenos e nenas de 1º a 6º de primaria e de educación secundaria- sobre os seus hábitos de desprazamento ao colexio, que todos os que estén interesados deberán remitir novamente ao Concello. Unha vez recollidas estas impresións, cada centro terá un propio rueiro, baixo as indicacións técnicas do Gabinete de Tráfico da Policía Local de Lugo.

Con este proxecto, Lugo, que forma parte da Asociación Internacional de Cidades Educadoras, acepta o compromiso de impulsar todos os recursos educativos da cidade, en todos os os seus ámbitos.

A seguridade é tarefa de todos e de todas

Se ben é certo que os destinatarios directos destes vieiros son os nenos e nenas, tamén xogarán un papel especial os mestres e mestras, coa súa implicación; as nais e pais, como encargados de fomentar comportamentos e actitudes, e toda a poboación de Lugo, "posto que unha das maiores preocupacións da cidadanía é a seguridade vial". Ademais, os empresarios e comerciantes, coa súa presencia aberta nas rúas, e o Concello, como responsables do funcionamento do tráfico.

Vieiros escolares-vieiros seguros está vertebrado por unha metodoloxía popular, activa e participativa, eminentemente inductiva e con proxección práctica. "Todos debemos asimilar, tanto de xeito individual como colectivo esta iniciativa, para beneficiarnos dos seus bens e transformar a Lugo nunha comunidade máis segura", destacou a Alcaldesa, quen manifestou que "sabemos que arrincar e levar a cabo un proxecto deste tipo non é tarefa sinxela. Esta iniciativa é atractiva e ilusionante, por iso queremos darlle participación á FAPACEL, á dirección e á ANPA de cada centro e aos distintos grupos políticos. Tamén a comerciantes e asociacións veciñais".

"Os vieiros escolares son moito máis que unha medida máis de mobilidade. Son unha experiencia de explorar a Lugo, e de facelo con máis seguridade viaria e menos contaminación, así como de darlle máis dinamismo á cidade. Lugo é o impulso da súa xente, e con esta nova iniciativa, dende o Goberno mantemos de novo a prioridade de investir na nosa xente, nos 98.134 veciños e veciñas", concluíu a rexedora.

Esforzo formativo do Concello en educación viaria

Pola súa banda, Manuel Núñez explicou que os vieiros escolares seguros, un plan iniciado xa en  gobernos anteriores, van en concordancia coa LOMCE, e por outro lado, siguen ao pé da letra a carta europea de dereitos do peón.

O Concello, na medida das súas posibilidades, realizará o esforzo formativo, a pesar de non ter competencias en educación. Deste xeito, incluirá unha unidade didáctica sobre vieiros escolares dentro do plan de formación teórica dos cursos do Parque Infantil de Tráfico, tanto os que se realizan nos propios centros, como os cursos de Primavera Segura e os dos cursos de verán, que acolle o PIT. Dentro do servizo municipal de comedores escolares, no apartado de actividades lúdico-educativos, o Goberno tamén introducirá esta formación e por outro lado, a Policía Local realizará distintas charlas.

"A información e a formación son o piar fundamental para o éxito deste proxecto, así como o compromiso e implicación dos demais actores", aseverou o edil.

Folla de ruta

O edil explicou a folla de ruta desta iniciativa, que establece unha fase de diagnóstico, que xa se iniciou a primeiro de mes, cando o Concello solicitou aos centros unha folla de datos de alumnos por curso. Este primeiro paso completarase coas respostas ás enquisas. Posteriormente terá lugar a fase de planificación, onde se estudarán as solucións viarias en comsiións de traballo; a de aplicación, coa posta en escena das accións propostas e das diferentes actividades a realizar e a de efecto, para a que se creará unha comisión de seguimento que se encargue do control das actuacións.

Para finalizar, o Concelleiro fixo fincapé en que "o fundamental, máis aló da inversión, e a implicación e participación para facer unha cidade máis habitale e máis segura. Primeiro hai que establecer os itinerios seguros, as medidas de seguridade que hai que instaurar, como limitacións de seguridade ou varandas, e despois coñecer os hábitos que seguen os nenos e nenas".

Máis info

Audio

  • A Alcaldesa Lara Méndez sobre os vieiros escolares | Descargar mp3
  • O concelleiro Manuel Núñez sobre os vieiros escolares| Descargar mp3

Multimedia

  • O Goberno plantexa os vieiros escolares seguros, un proxecto de "recuperar o espazo público como lugar de aprendizaxe e convivencia"

Noticias relacionadas