O Goberno pide asesoramento externo sobre as posibilidades de casación das sentenzas do Garañón, para decidir así o que mellor preserve os intereses da cidadanía

Así o anunciou a Alcaldesa nunha xuntanza de voceiros, a segunda en menos dunha semana para estudar este asunto, convocada no marco da aposta pola transparencia e o diálogo do Goberno como forma de relacionarse coa oposición

A decisión foi tomada de acordo cos técnicos, que consideran que pode ser beneficiosos para o Concello. En base a dito informe e ás reunións técnicas tomarase unha decisión

Martes, 17 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno pide asesoramento externo sobre as posibilidades de casación das sentenzas do Garañón, para decidir  así o que mellor  preserve os intereses da cidadanía

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reuniu este martes aos voceiros de todos os grupos políticos que forman a Corporación Municipal, para continuar abordando as dúas sentenzas do Tribunal Superior da Xustiza de Galicia sobre o proxecto de urbanzación e a licenza da Unidade de Actuación CS5, máis coñecida polo Garañón. Trátase esta da segunda xuntanza en menos dunha semana que convou a rexedora para estudar este asunto, no marco da aposta pola transparencia e o diálogo do Goberno como forma de relacionarse coa oposición, a quen se lles puxo a disposición de toda a información técnica, e sobre todo, a cronoloxía dos feitos.

Tras a reunión, a rexedora explicou que ao longo da sesión os técnicos municipais explicaron pormenorizadamente os antecedentes e como se chegou desde plano administrativo a esta situación. "Todos sabemos que é un tema de suficiente complexidade, que pode afectar moito á cidade e á cidadanía de Lugo, e por iso queremos darlle esa participación a todos as forzas políticas que conforman a Corporación".

Lara Méndez tamén avanzou que se pedirá un informe xurídico externo sobre as posibilidades do recurso de casación como un foco máis de información para tomar a decisión que máis e mellor preserve os intereses da veciñanza. Esta decisión foi tomada polo Goberno de acordo cos técnicos que consideran que, pode ser beneficioso para o Concello de Lugo as interpretacións de xuristas especializados.

Por último, a Alcaldesa incidiu en que, en base a ese informe e en base ás reunións técnicas que o Goberno mantén, tomarase a mellor decisión para os intereses dos veciños e veciñas e para o futuro do Concello. 

Audio

Noticias relacionadas