O Goberno pide ao IGVS que pare a poxa da Tinería e convoque xa a reunión para estudar a súa proposta dun viveiro de empresas

Xa existe unha proposta oficial do Concello a respecto: o escrito que enviou onte mesmo a Alcaldesa ao presidente do órgano autonómico. Agora trátase de manter canto antes unha xuntanza para materializala, algo que pasa por dúas opcións: ben a adxudicación directa ou ben un convenio de cesión dos locais

Xoves, 23 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno de Lugo pediu este xoves ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) que pare a poxa dos 11 locais comerciais da Tinería e convoque de inmediato a xuntanza que lle solicitou a Alcaldesa, Lara Méndez, para estudar a súa proposta de crear nestes inmobles un viveiro de empresas xestionado polo CEI Nodus.

O Executivo incide en que xa existe unha proposta oficial do Concello ao respecto: o propio escrito remitido onte mesmo pola rexedora ao director do IGVS no que lle pediu unha reunión. Agora do que se trata é de manter canto antes ese encontro para ver a posibilidade de materializala, que pasa por dúas opcións: ben pola adxudicación directa ao Concello ou ben mediante un convenio de cesión dos locais entre Administración autonómica e local, alternativa que, contrariamente ao que afirma o delegado da Xunta na provincia, si é legalmente posible. Deste xeito, o artigo 61 do decreto 253/2007, de 13 de decembro, de Réxime Xurídico do Solo e das Edificacións promovidas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, indica, literalmente, que “excepcionalmente poderase autorizar a ocupación temporal dos locais de negocio nos supostos contemplados no artículo 63, apartados a e b”, que aluden a “razóns de interese público ou social que se farán constar na correspondente resolución”.

Fronte ás “moitas dúbidas” en canto á dinamización real do barrio que xera a venda mediante poxa dos locais comerciais da Tinería que decidiu a Xunta, o Goberno local plantexa a creación dun viveiro de empresas, que permitiría impulsar de maneira controlada e eficaz a dinamización social e económica  do barrio a través dunha economía sostible e de valor engadido.

Audio

  • O edil Miguel Fernández sobre a poxa da Tinería | Descargar mp3

Noticias relacionadas