O Goberno mantén a súa aposta por humanizar a cidade, e inviste 54.000 euros en novo mobiliario urbano para crear vida social nas rúas

Para elo, o Concello vén de adquirir 107 bancos, que colocará en distintos puntos e barrios de Lugo; así como 163 xardineiras

Con esta nova inversión contribuirase a xerar novos espazos de conviencia, lecer e descanso ou a revitalizar outros que xa son puntos de encontro

A inversión faise a través do Plan de Barrios, que combina obras con accións de intervención social. Cando falamos deste plan, falamos de acometer actuacións de maneira que convirtamos en protagonistas aos veciños e veciñas.

Con esta novo adquisición, Lugo avanza cara a converterse nunha cidade sostible, accesible e pensada por e para as persoas; na que ter cada vez máis espazos para gozar da cidade

Venres, 09 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno de Lugo mantén a súa aposta por humanizar a cidade, e inviste 54.000 euros en novo mobiliario urbano. Faino cun obxectivo claro: crear vida social nas rúas. Para elo, o Concello vén de adquirir 107 bancos, que colocará en distintos puntos e barrios de Lugo, así como 163 xardineiras, tanto rectangulares como circulares.

As zonas urbanas que funcionan ben, son as que dan oportunidades para sentarse, polo tanto, "se os espazos son útiles, úsanse", subliñou a Alcaldesa, Lara Méndez, quen avanzou que con esta nova inversión se contribuirá a xerar novos espazos de conviencia, lecer e descanso ou a revitalizar outros que xa son puntos de encontro. De feito, un estudo da Universidade de Melbourne xunto ao instituto de tecnoloxía deste llugar subliña que aumentar un 100% o número de asentos nas rúas, aumenta o 88% das actividades da xente sentada.

A inversión faise a través do Plan de Barrios, que combina obras con accións de intervención social, como colocar bancos, "algo moi recurrente nas visitas aos diferentes barrios". Cando falamos deste plan, falamos de acometer actuacións de maneira que convirtamos en protagonistas aos veciños e veciñas.

Con esta novo adquisición, Lugo avanza cara a converterse nunha cidade sostible, accesible e pensada por e para as persoas; na que ter cada vez máis espazos para gozar da cidade. A meta do Goberno é facer de Lugo un municipio amable coa veciñanza, e sobre todo inclusiva.

Audio

  • Lara Méndez, sobre a aposta por humanizar a cidade | Descargar mp3

Noticias relacionadas