O Goberno lanza a nova programación de animación sociocultural, con máis de 2.200 prazas en preto de 130 obradoiros

Ana González Abelleira avanzou este xoves as distintas actividades que terán lugar dende o 31 de outubro ao 31 de maio

As persoas interesadas poden inscribirse entre o luns e venres da vindeira semana, no centro de convivencia que desexen practicar algunha das actividades propostas

Xoves, 14 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno lanza a nova programación de animación sociocultural, con máis de 2.200 prazas en preto de 130 obradoiros

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, presentou este xoves, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a nova programación de animación sociocutlural dirixida tanto a persoas adultas como a nenos e nenas, que o Concello organiza a partir do vindeiro mes de outurro. O Goberno ofrece máis de 2.200 prazas para participar en preto de 130 obradoiros distintos, que se desenvolverán dende o 31 de outubro ata o 31 de maio nos sete centros de convivencia municipais. O 40% das prazas resérvanse para persoas con diversidade funcional.

"É vontade deste Goberno seguir priorizando o benestar social e que todos os veciños poidan gozar das mesmas actividades e aproveitar as mesmas oportunidades", destacou a edil, quen subliñou que "o noso modelo de cidade xira ao redor de poñer á persoas como protagonista de acalquera acción municipal, porque atener á persoa é atender a todos os aspectos da vida da veciñanza". Con esta finalidade o Goberno propón un amplo abano de actividades lúdicas, socioeducativas e físicas, coas que tamén avanzar cara unha sociedade inclusiva. Entre este talleres, os veciños e veciñas poderán aprender defensar persoal, practicar pilates, bioximnasia, bailes de salón ou cachibol, así como terán a oportunidade de aprender a manexar as novas tecnoloxías ou familiarizarse coas técnicas de pintura ao óleo, cestería ou tear, entre outros. Destaca tamén o foro feminista, creado este ano para achegarse á historia da teoría feminista en xeral, identificando as sáus potencialidades para a transformación social.

A programación de animación sociocultural ademais de ditos obradoiros, inclúe tamén cursos de castelán para persoas estranxeiras e aulas abertas. Os telecentros e as escolas rurais terán tamén o seu programa de actividades.

Ana Abelleira amosou a súa satisfacción pola acollida e participación que maiores e nenos lle brindan, ano tras ano, a esta iniciativa, que xa está marcada no calendario das casas e familias de Lugo.

Inscrición, datas e prazos

Todas as persoas interesadas en particpar nalgún dos obradorios poden inscribirse entre luns e venres da vindeira semana, do 18 ao 22 de setembro, de 09:00 a 13:00 horas, no propio centro de convivencia no que desexen paracticar algunha das actividades propostas polo Goberno. O sorteo de prazas terá lugar o 9 de outubro, ás 11:00 horas. Posteriormente, publicarase a lista de admitidos e admitidas e abrirase o período de pagamento de cota, dende o 9 ao 13 de outubro. As listas definitivas publicarase o 23 de outubro. O período de inscrición para as aulas abertas e os cursos de castelán para persoas estranxeiras será o 9 e 10 de novembro e do 13 ao 17 de novembro, respectivamente.

O custe das actividades vai dende obradoiros gratuítos ata unha cota de 20 euros anual.

Máis información na web www.lugo.gal ou no teléfono de atención cidadá 010.

Axudas asociacións e taxi adaptado

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases das subvencións para asociacións do eido dos servizos sociais sen ánimo de lucro e para transporte en taxi adaptado. Tal e como explicou Ana Abelleira, o prazo para solicitar as axudas, 38.000 para o tecido asociativo do municipio, 12.500 euros máis que a pasada convocatoria, e 5.000 euros para gastos do transporte adaptado, é de 20 días hábiles, é dicir, ata o 16 de outubro.

Todas as persoas interesadas en calquera destas liñas de axuda poden presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello. As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Anuncios Municipal e na páxina web do Concello www.lugo.gal.

Coa convocatoria destas novas axudas, o Concello da un paso máis na accesibilidade e de cara o labor altruísta das asociacións sen ánimo de lucro.

Audio

Máis info

Noticias relacionadas