O Goberno garante a estabilidade no emprego dos seus servizos e rescinde o contrato con Alcor por incumprimento de melloras salariais

Faino tras remitir ao Consello Consultivo de Galicia a súa proposta de resolución do contrato no Fogar do Transeúnte e CEI-NODUS, e que ven de darlle a razón ao Concello

Cautelarme, o Goberno pediu unha garantía a Alcor, dado que presentara a oferta máis ventaxosa para o servizo nos centros de convivencia. Ante a non resposta, o Servizo de Contratación propoñerá á Mesa non aceptar a oferta e non adxudicarlle dito servizo

"Cada Goberno ten que marcar o seu estilo nas accións que desenvolve e nós témolo claro. O noso non é o Goberno do aforro, nin da austeridade, o noso é o Goberno das persoas, Hoxe con esta decisión, volvemos situar á persoa como centro tamén da contratación municipal", asegurou a Alcaldesa

Mércores, 08 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno garante a estabilidade no emprego dos seus servizos e rescinde o contrato con Alcor por incumprimento de melloras salariais

O Goberno de Lugo garante a estabilidade no emprego dos seus servizos e rescinde o contrato coa mercantil Alcor Seguridade S.A., por incumprimento da súa oferta e das súas melloras e obrigas salariais, pois dixéronlle ao Concello que o traballador ía percibir 300 euros por encima do convenio, e non o cumpriron. Faino tras remitir ao Consello Consultivo de Galicia, para o seu ditame, a proposta de resolución do contrato administrativo de servizo de seguridade privada, tanto no Fogar do Transeúnte como no CEI-NODUS e Espazo Lab, e que ven de darlle a razón á entidade local e amosar a súa conformidade coa proposta de resolución.

Así o anunciou esta mañá a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen explicou que, en virtude de dito ditame, este mércores na Xunta de Goberno se acordou resolver ambos contratos por incumprimento tanto no CEI -NODUS como no Fogar do Transeúnte. "Aquí, no Concello de Lugo, non todo vale, a persoa está por riba do beneficio económico", afirmou.

Ademais, cautelarmente, con dilixencia e rigor, o Goberno, coñecedor que dita empresa foi a que presentou a oferta máis ventaxosa para prestar o servizo de vixiancia nos 7 centros de convivencia, casualmente, coa mesma mellora de 300 euros por enriba do Convenio, pediulle unha garantía de que se ía cumplir a oferta, para o que non obtivo resposta. "No marco do que dita a Lei de Contratos non se pode eliminar unha empresa dun concurso público, como viña pedindo algún grupo da oposición, pero o que si podemos facer agora é eliminalo cos antecedentes e coa non resposta á nosa petición", asegurou a rexedora, quen tamén deu a coñecer que o Servizo de Contratación propoñerá á Mesa de Contratación non aceptar a oferta de Alcor e, polo tanto, non adxudicarlle o servizo de seguridade nos centros de convivencia.

O Goberno faino en resposta do seu compromiso para garantirlles unhas óptimas condicións laborais e salariais aos traballadores e traballadoras, motivo polo que incorporou as claúsulas sociais, e que hoxe ve con gran satisfacción que estas cláusulas sociais defenden o seu obxectivo.

"Cada Goberno ten que marcar o seu estilo nas accións que desenvolve e nós témolo claro. O noso non é o Goberno do aforro, nin da austeridade, o noso é o Goberno das persoas, Hoxe con esta decisión, volvemos situar á persoa como centro tamén da contratación municipal", concluíu.

Audio

  • A Alcaldesa de Lugo, sobre a estabilidade no emprego | Descargar mp3

Noticias relacionadas