O Goberno estuda medidas permanentes de reforzo da seguridade na cidade

Mércores, 30 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Máis aló das medidas de seguridade habituais que se deseñan en datas festivas e de grandes aglomeracións, o Goberno Local estuda un reforzo permanente na cidade, tal e como manifestara hai uns días a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Trátase pois de medidas en forma de protección estrutural que se manteñan no tempo e non se instalen soamente en momentos puntuais, para poder garantir a seguridade cidadá en calquera época do ano.

Así o avanzou este mércores o Voceiro Municipal, quen lembrou que, xa de cara aos festexos do San Froilán, se celebrará unha Xunta Local de Seguridade, como vén sendo habitual, co fin de preparar e coordinar un dispositivo que garanta a seguridade e o normal desenvolvemento das festas patronais da cidade.

Audio

  •  O edil Miguel Fernández sobre o reforzo da seguridade na cidade | Descargar mp3

Noticias relacionadas