O Goberno de Lugo traballa na renovación do contrato de atención do auditorio Gustavo Freire

Maite Ferreiro: “o Gustavo Freire seguirá contando unha ampla programación organizada desde a área de Cultura”

O Gustavo Freire acolleu, durante o ano de pandemia, máis dun cento de actividades culturais

Xoves, 15 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lugo traballa na renovación do contrato de atención do auditorio Gustavo Freire

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou que o Goberno de Lugo está a traballar na renovación do contrato de atención do Auditorio Municipal Gustavo Freire. Maite Ferreiro explicou que “este contrato é necesario para garantir o funcionamento do Auditorio Municipal, e atender ás necesidades dos distintos grupos de música, teatro e danza que utilizan as instalacións”.

“O Auditorio Municipal acolleu, durante o ano de pandemia, máis dun cento de actividades culturais seguras, achegando as distintas artes escénicas á veciñanza”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “esta instalación continuará a acoller unha programación cultural variada, con espectáculos para os distintos públicos, garantindo que toda a veciñanza poida acceder a actividades culturais que correspondan cos seus gustos”.

A edil de Cultura afirmou que “desde o Goberno de Lugo seguimos a traballar na reparación do novo auditorio, despois de que a Xunta de Galiza o entregara en mal estado”,  engadiu “ao mesmo tempo estamos traballando na mellora deste contrato, o que nos permitirá mellorar a calidade e a atención deste espazo cultural”.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, sobre o Auditorio Municipal Gustavo Freire | Descargar  mp3

Noticias relacionadas