O Goberno de Lugo paga as axudas de libros de texto nos primeiros meses de curso

Felipe Rivas afirmou que “este ano adiantamos os prazos 3 meses, permitindo que as familias poidan usar as axudas a comezos de curso”

A concellería de Educación vén de autorizar o pago ás librarías, que se producirá nos vindeiros días

Luns, 22 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lugo paga as axudas de libros de texto nos primeiros meses de curso

O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou que se vén de autorizar o pago correspondente ás axudas para a compra de libros de texto e material escolar ás distintas librarías participantes. "Por segundo ano consecutivo melloramos os tempos deste trámite, realizando todo o procedemento en 3 meses menos que en cursos anteriores, conseguindo que as familias puidesen desfrutar destas axudas nos primeiros días de curso", explicou Felipe Rivas,

O edil de Educación afirmou que "esforzámonos cada ano en facilitar ás familias, no menor prazo de tempo posíbel, esta axuda que serve para garantir o acceso ao material a moitas nenas e nenos".

A concellería de educación destina un total de 40.000 euros para facilitar a adquisición de material escolar. Estas axudas entréganse en vales de 100€ para un total de 400 persoas beneficiarias. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope en 6.326,88€, o 0.8 do IPREM. En total, este ano concedéndose as axudas a 338 nenas e nenos. 

Audio

  • O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre as axudas dos libros de texto | Descargar mp3

Noticias relacionadas