O Goberno de Lugo continúa a mellorar o Cemiterio Municipal

A edil de Participación explicou que “estamos a renovar o asfalto dos viais interiores da parte antiga, que se atopaba nun avanzado estado de deterioro”

Os traballos comezaron nos pasados días, e teñen unha duración estimada de 1 mes

Luns, 03 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lugo continúa a mellorar o Cemiterio Municipal

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou das melloras que se están a realizar nas instalacións do Cemiterio Municipal de San Froilán. “Estamos a traballar na renovación do asfalto dos viais da parte antiga, que se atopa nun avanzado estado de deterioro”, explicou Cristina López.

A solución adoptada consiste na rexeneración e reforzo do firme asfáltico e unha nova pavimentación con formigón impreso dunha parte dos viais interiores, ademais da mellora do sistema de recollida de augas pluviais e unha nova canalización de electricidade. Esta solución permitirá, segundo explicou a edil de Participación, “mellorar a zona antiga do cemiterio, dando ao asfalto unha estética acorde ao resto da instalación”. Os traballos comezaron nos pasados días e teñen unha duración estimada dun mes.

O actual Cemiterio Municipal de San Froilán substituíu hai 72 anos ás antigas instalacións de Magoi. Cristina López destacou “a versatilidade do deseño de Eloi Maquieira para realizar actividades como as visitas nocturnas ou as distintas actividades culturais organizadas durante todo o ano, que fixeron que o cemiterio de Lugo fose incluído na Ruta de Cemiterios Históricos Europeos e gañase o recoñecemento de National Geographic como un dos cemiterios máis bonitos do mundo”.

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre o Cemiterio Municipal | Descargar mp3

Multimedia

  • O Goberno de Lugo continúa a mellorar o Cemiterio Municipal

Noticias relacionadas