O Goberno de Lara Méndez mellora o firme de tres estradas municipais nas parroquias de Pedreda, Vilachá de Mera e Prógalo

Os traballos que se levarán a cabo inclúen a limpeza de cuentas; rehabilitación do firme con aglomerado en quente e renovación da sinalización.

Miguel Fernández: “Con estas actuacións buscamos mellorar a seguridade e confortabilidade das vías para o uso por parte dos veciños e veciñas”.

Luns, 04 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez mellora o firme de tres estradas municipais nas parroquias de Pedreda, Vilachá de Mera e Prógalo

O Goberno de Lara Méndez mellorará o firme de tres estradas municipais nas parroquias de Pedreda, Vilachá de Mera e Prógalo. Así o avanzou o tenente de alcaldesa e edil de Medio Rural, Miguel Fernández, quen subliñou que “o obxectivo destas actuacións é mellorar a seguridade e confortabilidade das vías para o uso por parte dos veciños e veciñas”.

As vías nas que se está a actuar son: a estrada municipal da N-640 (estrada de Meira) a Pedrera (parroquia de Pedrera); a estrada municipal da LU-P-2903 ao Rego do Mera, na parroquia de Vilachá de Mera; e, por último; a estrada municipal da LU-P-2903 a Prógalo, na parroquia de Prógalo.

Nos tres casos, os traballos que se levarán a cabo inclúen a limpeza de cunetas; rehabilitación do firme con aglomerado en quente; e renovación da sinalización horizontal e vertical. Según informou o concelleiro, “na vía de Pedreda as obras atópanse moi avanzadas e só queda pendente a sinalización; mentres que nas estradas de Vilachá de Mera e Prógalo comezarán as tarefas esta mesma semana”.

O orzamento total destas obras, financiadas con cargo ao Plan Único 2021, é de 150.000 euros.

Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre a mellora de estradas no Plan Único 2022 | Descargar mp3

Noticias relacionadas