O Goberno de Lara Méndez fai realidade a eliminación do tapón urbanístico da Avenida da Coruña

A Alcaldesa e o Concelleiro de Infraestruturas Urbanas supervisaron as obras de demolición, que arrincaron hoxe, e que xunto ás posteriores de urbanización da beirarrúa, teñen un orzamento de 36.360 euros

As tarefas, coas que "damos cumprimento a unha demanda histórica de máis de 20 anos", cumpren un triple obxectivo: mellorar a seguridade na contorna, aumentar a calidade de vida da veciñanza e seguir humanizando a cidade, recuperando espazos públicos para o seu uso público

Luns, 06 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez fai realidade a eliminación do tapón urbanístico da Avenida da Coruña

As distintas xestións e a vontade política do Goberno de Lara Méndez fixeron realidade este luns o derrubamento do tapón urbanístico da Avenida da Coruña.

Como explicou a propia Alcaldesa, Lara Méndez, quen se achegou, acompañada polo Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, para supervisar in situ as tarefas, coas que se "damos cumprimento a unha demanda histórica de máis de 20 anos da veciñanza da Avenida da Coruña", os traballos cumpren un triple obxectivo: mellorar a seguridade na contorna, aumentar a calidade de vida da veciñanza e seguir humanizando a cidade, recuperando espazos públicos para o seu uso público.  

As obras de demolición que arrincaron hoxe, e as posteriores de urbanización da beirarrúa, teñen un orzamento de 36.360 euros e un prazo de execución de tres meses. Anteriormente, a entidade local tivo que proceder ás expropiacións dos terreos, que afectaron a 172 metros cadrados de superficie fóra de aliñación (3 parcelas de 16 propietarios e indenmización pola extinción dun valo publicitario a Acrobasing SL). O importe económico que o Concello aboou polas expropiacións é, en total, de 60.720,35€.

Con esta nova decisión, Lugo avanza cara a converterse nunha cidade máis amable, máis amiga e sobre todo, unha cidade inclusiva.

Audio

  • Lara Méndez, sobre o derrubamento do tapón urbanístico| Descargar mp3

Noticias relacionadas