O Goberno de Lara Méndez continúa poñendo o acento na humanización e creará un novo parque infantil na Praza de Bretaña

Con este afán de facer dos lugares públicos, espazos máis funcionais e inclusivos, a Xunta de Goberno de mañá dará luz verde á contratación da subministración e instalación dunha área de xogos infantís nesta praza

Entre os xogos da nova área, cun investimento de 88.000€, e que os nenos e nenas poderán gozar antes de rematar o ano, atópanse columpios, muelles de animais, figuras xeométricas, unha casiña e un xogo tubo

A zona terá pavimento de amortiguación e un valado de madeira

Martes, 18 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez continúa poñendo o acento na humanización e creará un novo parque infantil na Praza de Bretaña

O Goberno de Lara Méndez continúa dando pasos dentro do seu compromiso coa humanización e creará un novo parque infantil na Praza de Bretaña. Con este afán de facer dos lugares públicos, espazos máis funcionais e inclusivos, a Xunta de Goberno de mañá mércores dará luz verde á contratación da subministración e instalación dunha área de xogos infantís e pavimento de seguridade nesta praza. Deste xeito, Lugo continúa a sumar espazos para a convivencia dos veciños e veciñas, dende cativos a maiores, neste caso, no centro da cidade.

Os traballos, cun orzamento de licitación de 88.000 euros, consisten, en primeiro lugar, no acondicionamento da zona, para reforzar as cimentacións, mediante a retiradas das losetas necesarias nos puntos dos ancoraxes dos xogos, a base de prismas de formigón. Os xogos que terá esta área infantil, das que os nenos e nenas poderán gozar antes de rematar o ano, serán os seguintes: pórtico de columpio dobre con asento plano de goma e asento cuna para bebés, xogo múltiple singular, torre multidisciplinar múltiple, tres muelles representantivos de figuras de animais, un muelle inclusivo representativo de vehículo tracción mecánica, unha casiña de xogos, figuras xeométricas e un xogo tubo ou túnel baixo a montaña. A zona de xogos contará cun pavimento continuo de seguridade de amortiguación e un valado de madeira tratada, sen cantos vivos. A garantía será de dous anos e a empresa que resulte adxudicataria conta cun prazo de 45 días para a subministración e instalación.

O Goberno Local tamén traballa na renovación do solo, o peche perimetral e o módulo de xogos do parque infantil situado na rúa Poeta Aquilino Iglesias Alvariño, tarefas que contan cunha partida de 58.000 euros nos presupostos deste ano, os máis investidores da última década.

Trátase de dúas actuacións que responde á folla de ruta establecida polo Goberno para para acondicionar lugares de esparexemento na cidade, e convertelos en zonas adaptadas ás demandas da veciñanza, de cara a mellorar a calidade de vida dos e das luguesas. Ademais, con estas tarefas avanza no modelo de cidade que quere, un Lugo máis agradable, cómodo, accesible e con máis espazos para o uso público.

Audio

Noticias relacionadas