O Goberno de Lara Méndez avanza na mellora das dotacións municipais coa reforma do local social de Montirón

A alcaldesa de Lugo e o edil de Medio Ambiente participaron esta tarde no magosto organizado pola Asociación Veciñal Praza das Illas co que se procedeu á reapertura das instalacións.

Sábado, 20 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez avanza na mellora das dotacións municipais coa reforma do local social de Montirón

Lara Méndez continúa avanzando na mellora das dotacións municipais da cidade, atendendo ás demandas da cidadanía.

Esta tarde, a rexedora, acompañada polo tenente de alcaldesa Miguel Fernández, compartiu coa veciñanza de Montirón un magosto, que serviu como acto de reapertura do seu local social, logo da recente reforma levada a cabo no mesmo dende a área de Medio Ambiente.

Unha rehabilitación que se fixo de acordo ás peticións que a Asociación Praza das Illas deste barrio lle trasladou á alcaldesa a través do concelleiro, Miguel Fernández.

A reforma tivo por obxecto, segundo referiu o edil “atallar a aparición de pequenas humidades e reverter a pegada do tempo, especialmente nestes últimos meses cando a sede tivo que estar pechada debido á pandemia”.

“Entre outros, leváronse a cabo traballos como a apertura de ocos de ventilación na base da edificación, o pintado do teito e os barrotes do interior, a colocación de parqué flotante no chan e mesmo outras tarefas no exterior como o selado do zócalo ou a roza perimetral do recinto”, explicou Miguel Fernández.

“A nosa vontade era que esta dotación municipal gañara en habitabilidade e confort en prol das persoas usuarias que o empregan con moitísima frecuencia tanto para desenvolver nel as súas reunións pero tamén como punto de encontro onde compartir momentos de ocio e socialización que, dende hoxe, se retoman coa celebración deste magosto”, concluíu Miguel Fernández.

Multimedia

  • O Goberno de Lara Méndez avanza na mellora das dotacións municipais coa reforma do local social de Montirón
  • O Goberno de Lara Méndez avanza na mellora das dotacións municipais coa reforma do local social de Montirón

Noticias relacionadas