O goberno de Lara Méndez aprobará en Xunta de Goberno os pregos de prescricións técnicas e a adxudicación por procedemento aberto para a contratación da pezas de uniformidade para a Policía Local

Contratos que contan cun orzamento total de 107.000 euros

O Concello de Lugo atende unha das necesidades e demandas máis importantes deste corpo de seguridade

Martes, 17 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O goberno de Lara Méndez aprobará mañá mércores, en Xunta de Goberno os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas, así como do gasto e a adxudicación por procedemento aberto para a contratación da subministración de calzado e de pezas de uniformidade como botas, cazadoras, luvas, camisetas, etc… para a Policía.

Contratos que contan cun orzamento total de 107.000 euros (15.000 para o calzado e 92.000 € para o resto do vestiario) e co que o Concello de Lugo quere atender unha das necesidades e demandas máis importantes deste corpo de seguridade, como é o equipamento persoal dos seus axentes, que prestan um servizo moi estimado para a cidadanía.

Noticias relacionadas