O Goberno convoca 12 prazas para o servizo municipal de bombeiros

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, é dicir, ata o 9 de setembro

Martes, 21 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno de Lugo convoca 12 prazas de bombeiro/a-condutor/a, concretamente 6 pertencentes á oferta pública de emprego (OPE) do 2015 e outras 6 incluídas na oferta pública de emprego de 2016. Así o avanzou o Concelleiro de Persoal e Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, quen indicou que se trata dun proceso selectivo de oposión por quenda libre.

Deste xeito, o equipo de Lara Méndez continúa a traballar para reforzar o persoal das distintas áreas municipais, así como apostando por incrementar a plantilla dun servizo tan imprescindible como o de extinción de incendios de Lugo, "algo que sabemos que é unha necesidade moi grande", dado as características do propio servizo municipal de bombeiros, que ademais nos últimos anos rexistrou diversas xubilacións. Deste xeito, o Goberno tamén cumpre coa palabra e coas peticións dos propios profesionais do parque.

Tal e como se publica no anuncio do Boletín Oficial do Estado, o prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais dende hoxe, é dicir, ata o 9 de setembro. O Concello convocará no menor prazo posible as diversas probas.

Audio

Noticias relacionadas