O Goberno continúa coa renovación de rúas da cidade, neste caso mellorando as redes e pavimentación da rúa da Xesta

Lara Méndez e Manuel Núñez supervisaron a execución das obras, cun orzamento conxunto de 86.000 euros xunto a rúa do Freixo, achegados polos Gobernos da entidade local e provincial no marco do Plan Único

Venres, 06 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno continúa coa renovación de rúas da cidade, neste caso mellorando as redes e pavimentación da rúa da Xesta

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, acompañados do enxeñeiro municipal, supervisaron a execución das obras para renovar as redes de abastecemento e saneamento, así como a posterior reconstrución do pavimento da rúa da Xesta. Estas tarefas teñen un orzamento conxunto de 86.000 euros xunto ás actuacións da rúa do Freixo, que remataron o pasado mércores; achegados polo Concello e a Deputación, no marco do Plan Único.

Concretamente, trátase de cambiar a infraestrutura de saneamento, que está totalmente obsoleta, formada por un canal de pedra que actualmente presentaba atascos e filtracións, deteriorando a base do pavimento. Ademais, renovarase a rede de abastecemento, que actualmente é de PVC, atopándose en mal estado de conservación. Tamén se reconstruirá o pavimento da rúa, mediante formigón impreso, e se acometerá a obra necesaria para o soterramento da instalación do alumeado público. As tarefas rematarán, previsiblemente, entre finais de maio e principios de xuño. 

Ademais das obras das rúas do Freixo e da Xesta, o Plan Único de 2017 inclúe a pavimentación das rúas Filgueiro, Mestre Méndez, Da Silva, Mazaira, Das Pías e un tramo da rúa Casas Vellas, todas no barrio de Abella; a pavimentación e servizos en rúa Fonmiñá e Piñeiral, nas Gándaras; a pavimentación e servizos en rúa Flor de Lis, en Abella; e a pavimentación e ampliación da rede de abastecemento na urbanización Bellavista, na parroquia de Esperante. A maiores, cos remanentes ampliarase a rede de abastecemento en Saamasas e pavimentarase a Ronda República Argentina e a avenida de Garabolos. Para este mesmo plan, neste 2018 o Goberno programa acometer un total de 12 actuacións por un importe de 538.930 euros, tanto no que se refire a pavimentación de viais, abastecemento, formigonado de cunetas, rexeneración de firmes ou reforma de dous locais sociais, entre outros.

Audio

  • Lara Méndez, sobre a renovación de rúas da cidade | Descargar mp3

Noticias relacionadas