O Goberno coñece o modelo de recollida de residuos orgánicos de Xixón para estudar a súa adaptación a Lugo

Xoves, 08 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno coñece o modelo de recollida de residuos orgánicos de Xixón para estudar a súa adaptación a Lugo

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, coñeceu este xoves o funcionamento do modelo de recollida de materia orgánica implantado en Xixón, unha das primeiras cidades que o puxo en marcha e un referente neste eido, co fin de estudar a súa adaptación ao municipio de Lugo no marco do novo contrato municipal de recollida de lixo e limpeza viaria.

O obxectivo do edil, que viaxou á localidade asturiana xunto ao técnico municipal de Medio ambiente, é combinar varios sistemas de recollida para cumprir o obxectivo da estratexia europea 2020 de recoller nese ano o 50% da materia orgánica por separado. Xixón implantou no 2015 unha experiencia piloto de carácter voluntario para avanzar na reciclaxe deste tipo de residuos xerados nos fogares e nos establecementos comerciais, e a día de hoxe 35.000 persoas teñen acceso á recollida de orgánica.

Os contedores instalados están pechados cun sistema de apertura identificada mediante a tarxeta cidadá do Concello. Deste xeito, tendo identificados aos usuarios, “poderíase mesmo establecer algún tipo de premio ou bonificación para incentivar a reciclaxe e ir estendéndoa ao resto da poboación”, explicou Piñeiro.

Multimedia

  • O Goberno coñece o modelo de recollida de residuos orgánicos de Xixón para estudar a súa adaptación a Lugo

Noticias relacionadas