O Goberno aproba unha liña de axudas por preto de 80.000 euros para ONGDs

O prazo de presentación das solicitudes será de15 días hábiles contados dende a publicación da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións, a través do BOP

Mércores, 24 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno deste mércores aprobou unha liña de axudas, por importe de preto de 80.000 euros, destinada ao apoio de organizacións non gubernamentais de desenvolvemento (ONGD) para a realización de proxectos de cooperación en países menos desenvolvidos e de sensibilización social dentro do termo municipal de Lugo. Coa convocatoria destas subvencións, o Goberno apoia de novo e renova o seu compromiso cos colectivos que traballan no eido social.

Concretamente, para proxectos de cooperación existe unha partida de 70.000 euros e financiarase proxectos que contribúan á cobertura de necesidades básicas: como educación, abastecemento ou alimentación, entre outros; así como proxectos de agricultura. Para a liña de sensiblización destínanse 9.800 euros.

Tal e como indicou o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, a contía máxima por colectivo é de 3.000 euros, e o prazo de presentación de soliciutdes será de 15 días hábiles, contados dende a publicación da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións. Publicaranse, a través do BOP. 

Audio

Noticias relacionadas