O Goberno aproba a contratación por 1M€ das obras para rematar a biblioteca da Piringalla e convertela nun centro sociocultural

Mércores, 08 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno de Lara Méndez deu este mércores un paso decisivo para saldar unha débeda histórica máis cos veciños e veciñas de Lugo, e sobre todo, cos da Piringalla: aprobou sacar a contratación por un importe próximo a 1M€ as obras para rematar a biblioteca do barrio e convertela nun centro sociocultural.

Así o explicou o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen avanzou que, unha vez que o proxecto técnico, redactado polo taller de arquitectura Moma, recibiu o visto bo do servizo municipal de Arquitectura, sae agora a licitación coa previsión de que despois do verán poidan iniciarse as obras, que teñen un prazo de execución de 18 meses. O voceiro confirmou que o centro levará o nome de Paco Martín.

O novo centro contará no soto con diversos almacéns, instalacións ,cuarto de lixo, limpeza e control de arquivo; na planta baixa, con vestíbulo, zona de control, sala de usos múltiples, zona infantil, bebeteca e aseos; na primeira e segunda, con salas de lectura e aseos; a terceira, con climatización, e as dúas altas con sala de reunións, despacho e oficina.

Noticias relacionadas