O Goberno adxudica o servizo de atención da Oficina de Turismo e dos museos, grazas ao que se ampliará o horario de apertura nun 80%

A Xunta de Goberno deu luz verde a esta adxudicación, na que se distingue  o servizo de información turística, a Oficina de Turismo, do servizo de atención museística, especializando así os dous servizos

Tamén se aprobou sacar de novo a licitación a explotación da cafetería do Vello Cárcere. Modifícanse os pregos, no que se refire ao canon a pagar, que se fixa en 1.200 euros. Admitiranse solicitudes de ampliación de horario, facéndose cargo o Concello do consumo eléctrico e de gas

Mércores, 20 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno celebrada este mércores deu luz verde á adxudicación do servizo de apertura e atención ao público da Oficina Municipal de Turismo e dos centros museográficos municipais (Centro de Interpretaicón da Muralla, Museo Interactivo da Historia de Lugo, Casa dos Mosaicos, Sala de Exposicións Porta Miñá e Centro Arqueolóxico de San Roque) á mercantil EULEN S.A., cun orzamento para a primeira anualidade de 585.715,99 euros. O contrato é por un período de dous anos, con posibilidade de prórroga por dous anos máis. Contémplase ademais un punto de información turística de verán.

Grazas a esta nova adxudicación do Goberno, ampliarase o horario destas instalacións municipais nun 80%, é dicir, 13.650 horas máis que na actualidade, co obxecto de facer máis accesible á cidadanía o coñecemento da riqueza histórica, patrimonial e cultural de Lugo.

Tal e como lembrou o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, tan só os museos do Concello gañaron no pasado ano un 11,5% de visitas con respecto ao 2016 e un 6% máis que no 2017, chegando a uns 30.000 visitantes, o que pon de manifesto a importancia destes centros e a ampliación da súa apertura. En xeral, o turismo aumentou no pasado ano un 29% con respecto ao ano anterior.

Con esta adxudicación distinguirase o servizo de información turística, a Oficina de Turismo, do servizo de atención museística, especializando así os dous servizos. Así mesmo crearase un punto de información de verán e abriranse tanto os museos como a oficina todos os días da semana en épocas vacacionais, cerrando as salas expositivas os luns nos meses de inverno.

Horarios de apertura co prego novo

Casa dos Mosaicos, Centro Arqueolóxico San Roque, Sala de Exposicións Porta Miñá e MIHL

Horario de inverno, vixente do 1 de xaneiro ao 31 de maio e do 15 de decembro ao 31 de decembro (excepto Semana Santa e Nadal):

  • De martes a venres de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 19:30 horas
  • Sábados, domingos e festivos, de 10:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 19:30 horas
  • Pechados os luns, excepto festivos

Horario de verán, vixente do 1 de xuño ao 14 de outubro:

  • Todos os días de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas
  • Horario de Semana Santa, vixente dende a véspera do Domingo de Ramos:
  • Todos os días de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas

Horario de Nadal, vixente dende o 20 de decembro ao 6 de xaneiro:

  • Todos os días de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas
  • Pechados os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e o 6 de xaneiro

Horario especial:

  • 18 de maio, Día Internacional dos Museos: horario continuado de 10:00 a 20:00 horas
  • Arde Lucus: xoves e venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas; sábado, de 10:00 a 22:00 horas e domingo, de 10:00 a 20:00 horas

Oficina Municipal de Turismo e Centro de Interpretación da Muralla

Horario de inverno, vixente do 1 de xaneiro ao 31 de maio e do 15 de decembro ao 31 de decembro (excepto Semana Santa e Nadal):

  • Todos os días de 10:00 a 18:00 horas
  • Horario de verán, vixente do 1 de xuño ao 14 de outubro:
  • Horario de Semana Santa, vixente dende a véspera do Domingo de Ramos ata o Domingo de Resurreción:
  • Todos os días de 10:00 a a 20:00 horas
  • Todos os días de 10:00 a 20:00 horas

Horario de Nadal, vixente dende o 20 de decembro ao 6 de xaneiro:

  • Todos os días de 10:00 a 20:00 horas
  • Pecha os días 25 de decembro e o 1 e o 6 de xaneiro
  • Horario reducido de 10:00 a 14:00 horas o 24 e 31 de decembro

Horario especial:

  • Arde Lucus: xoves, venres e sábado, de 10:00 a 22:00 horas, e domingo, de 10:00 a 20:00 horas

Punto de Información Turística de Verán

Horario de verán, vixente do 1 de xuño ao 14 de outubro:

  • Todos os días de 10:00 a a 20:00 horas

Horario especial:

  • Arde Lucus: xoves, venres e sábado, de 10:00 a 22:00 horas, e domingo, de 10:00 a 20:00 horas
  • San Froilán: fin de semana e festivos, de 10:00 a 20:00 horas, e o resto dos días, de 10:00 a 20:00 horas

Cafetería do Vello Cárcere

Ademais, na sesión deste mércores aprobouse sacar de novo a licitación a explotación da cafetería do centro sociocultural do Vello Cárcere, unha vez concluído o segundo prazo de presentación de ofertas para o contrato de e dado que non se presentou ningunha. Modifícanse os pregos, no que se refire ao canon a pagar polo adxudicatario, fixándose na cantidade de 1.200 euros, o que supón unha rebaixa de 9.600 euros anuais. Tamén se admitirán solicitudes de ampliación do horario sempre que neste caso o contratista conte cun servizo de vixilancia para ese horario adicional. Así mesmo, no prego especificarase que é gratis para o adxudicatario o consumo eléctrico e de gas da cafetería.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre o servizo de atención da Oficina de Turismo | Descargar mp3

Noticias relacionadas