O Goberno actúa no barrio do Sagrado Corazón renovando o pavimento e os servizos da rúa Fonmiñá

Manuel Núñez supervisou as tarefas, que, conxuntamente, coas da rúa Piñeiral teñen un orzamento duns 128.600 euros. Consisten na reposición do firme, a execución de beirarrúas e a substitución das redes de abastecemento e saneamento

Mércores, 04 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno actúa no barrio do Sagrado Corazón renovando o pavimento e os servizos da rúa Fonmiñá

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisou a execución do proxecto de acondicionamento da rúa Fonmiñá, no barrio do Sagrado Corazón, unhas obras que, conxuntamente, coas da rúa Piñeiral teñen un orzamento duns 128.600 euros, achegados polo Goberno do Concello e da Deputación, a través do Plan Único. As actuacións, que rematarán, previsiblemente, a vindeira semana, consisten na reposición do firme e a substitución das redes de abastecemento e saneamento.

Concretamente, trátase de substituír a tubería de abastecemento existente, de fibrocemento, po outra de fundición dúctil. Tamén se plantexa a renovación da rede de saneamento, que quedará configurada por un colector executado en tubería lisa. A rede inclúe todos os elementos complementarios como pozos de formigón, sumidoiros e acometidas domiciliarias. Tamén se executa a obra para o soterramento da instalación de alumeado pública. As tarefas complétanse coa execución de beirarrúas a ambos lados e a pavimentación da rúa, co pintado da sinalización horizontal e a colocación de sinalización vertical complementaria á actual.

Deste xeito, o Concello continúa coa renovación de rúas de distintos puntos da cidade, o que contribúe, por un lado, a mellorar as infraestruturas viarias e por outro, a calidade de vida dos veciños e veciñas. 

Audio

Multimedia

  • O Goberno actúa no barrio do Sagrado Corazón renovando o pavimento e os servizos da rúa Fonmiñá

Noticias relacionadas