O executivo local aprobará en Xunta de Goberno as obras de reforma do Centro Civico Uxio Novoneyra por valor de 69.000€

“Con esta obra, contribúese a mellorar os servizos de atención social ás familias en risco de exclusión social coa mellora das instalacións e a unificación dos Servizos Sociais” destacou Méndez

“Unha vez finalicen as obras recalcar que o 100% dos traballadores estarán na mesma planta o que implicara unha mellora tanto para o cidadan como para os traballadores en canto a axilidade á hora de realizar trámites” destacou Méndez

Martes, 11 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O executivo local aprobará en Xunta de Goberno as obras de reforma do Centro Civico Uxio Novoneyra por valor de 69.000€

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e Olga López Racamonde, Concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira idade adiantaron esta mañan nunha rolda de prensa que o executivo local aprobará maña na Xunta de goberno local as obras de reforma dos locais do segundo andar do Centro Civico Uxio Novoneyra por valor de preto de 69.000€ ( 68.913,36 €), informado favorablemente polos Servizos de enxenería e arquitectura municipais, cun prazo dun mes .

“Con esta obra, contribúese a mellorar os servizos de atención social ás familias en risco de exclusión social coa mellora das instalacións e a unificación dos Servizos Sociais a unhas instalacións máis idóneas, accesibles e nas que a privacidade e seguridade dos usuarios e usuarias estea totalmente garantida” destacou Méndez.

As obras de rehabilitación consistirán en proxectar tres despachos novos, que sumados aos existentes farán un total de 6 despachos. Buscando unha mellora substancial na calidade de utilización das instalacións tanto por parte dos traballadores que nel desenvolven a súa actividade laboral, como dos usuarios que acoden ao centro. Mellórase así mesmo a seguridade do persoal laboral grazas á  compartimentación e segmentación de usos e áreas. Tamén se habilitará unha zona de reunión para os traballadores do centro. “Como dato importante, destacar que unha vez finalicen as obras recalcar que o 100% dos traballadores estarán na mesma planta o que implicara unha mellora tanto para o cidadán como para os traballadores en canto a axilidade á hora de realizar trámites” destacou Méndez.

O complexo tamén disporá de sala de espera, máis amplia, garantizando as distanzas de seguridade para os e as usuarias, e como novidade disporan dunha zona de lectura e un habitáculo para os ordenanzas e un almacen.

As obras de reforma dos locais do segundo andar do Centro Civico Uxio Novoneyra teñen como obxectivo:

  • Procurar que os espazos físicos para atención á cidadanía, reúnan as condicións adecuadas para poder garantir a seguridade e dotar aos centros de salas de espera dignas.
  • Atender ás condicións de traballo dos profesionais, evitando distribucións de espazo inseguras, asegurando un número adecuado de despachos, espazos comúns, para reunións de equipo, programas grupais e arquivos adecuados.
  • Mellorar as condicións de accesibilidade. O proxecto axústase ao establecido na Lei 8/97 e D.35/2000 de Accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas en Galicia, de tal forma que se permita ás persoas con mobilidade e comunicación reducidas o acceso e a circulación polo edificio. A súa xustificación realízase en documento independente.
  • Aforro de enerxía. A reforma do edificio proxéctase, conseguindo un uso racional da enerxía necesaria para a utilización do edificio, reducindo a límites sostibles o seu consumo e logrando que parte do consumo proveña de fontes de enerxía renovable. A edificación proxectada dispón de instalacións de iluminación adecuadas ás necesidades dos seus usuarios e á vez eficaces  enerxéticamente dispoñendo dun sistema de control que permita axustar o aceso á ocupación real da zona, así como dun sistema de regulación que optimice o aproveitamento da luz natural, nas zonas que reúnan unhas determinadas condicións. Incluiranse sistemas de detección de presenza e temporizadores nas zonas de uso esporádico.

Olga López destacou que “Os Servizos Sociais son un elemento fundamental para a atención das necesidades sociais e para o mantemento da cohesión social. A súa propia natureza, a súa proximidade á cidadanía e vinculación cos territorios, convérteos en observatorio privilexiado e altamente sensible desde onde poder detectar os cambios sociais que se producen e as súas consecuencias sobre a poboación".

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o Centro Civico Uxio Novoneyra | Descargar mp3

Noticias relacionadas