O executivo de Lara Méndez promoveu dende o 2019 a convocatoria de 121 prazas públicas de traballo

A edil de Gobernanza detallou hoxe que a Oferta do 2021 contempla 26 prazas, que se suman ás 73 xa en tramitación e ás 22 vencelladas coas Bolsas de Emprego, ao ser nomeada, esta mesma mañá, a través das listas, unha nova arquitecta.

A Xunta de Goberno aprobou esta semana a proposta da área de Persoal que contaba coa conformidade da Mesa de Negociación.

Coa OPE deste ano o Concello pretende abordar as necesidades máis urxentes detectadas nos distintos servizos municipais, como Licenzas e Arquitectura para mellorar a súa eficacia.

Xoves, 02 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O executivo de Lara Méndez promoveu dende o 2019 a convocatoria de 121 prazas públicas de traballo

O executivo de Lara Méndez promoveu, dende 2019, a convocatoria de 120 prazas públicas de traballo, a través dos diversos concursos e oposicións que vén desenvolvendo a área de Persoal e segundo a folla de ruta determinada pola rexedora na que se priorizaba non só a modernización da Administración local senón tamén o incremento e a organización dos recursos humanos en prol da súa eficiencia e da mellora da atención cidadá.

Neste caso, só na convocatoria que se publicará este ano, se contempla a cobertura de 26 prazas en diferentes categoría profesionais, que se suman ás 73 xa en tramitación e ás outras 22 vencelladas ás Bolsas de Emprego, ao ser nomeada, esta mesma mañá, a través destas listaxes, unha nova arquitecta.

A Xunta de Goberno aprobaba esta semana a proposta da área de Persoal para a OPE do 2021 que contaba xa coa conformidade da Mesa de Negociación.

“O seu obxectivo non é outro que o de abordar as necesidades máis urxentes detectadas nos diversos servizos municipais para mellorar a súa eficacia e acadar un maior nivel de axilidade e resolución na actividade desenvolvida pola administración local”, indicou Paula Alvarellos.

A concelleira de Gobernanza explicou que do conxunto da Oferta (26), 18 serán procesos en quenda libre e os 8 restantes se rexerán por promoción interna.

“Esta OPE inclúe prazas de Arquitecto/a, Delineante/a e de Enxeñeiro/a de Camiños coas que agardamos fornecer o departamento de Urbanismo, onde xa estamos levando a cabo outro tipo de medidas, como a harmonización de criterios, a elaboración dunha Ordenanza ou a aplicación dunha Instrución que, xunto coa incorporación de persoal técnico, teñen como finalidade dotarnos de efectivos pero tamén de todas aquelas ferramentas que nos permitan axilizar os procedementos que se abordan nesta área, especialmente, os que teñen que ver coa resolución de licenzas”, sinalou a edil.

“Ademais, atópanse contempladas tamén 4 prazas de Oficias de Policía Local, outras dúas para a escala básica deste mesmo Corpo e outras 2 máis para Bombeiro Condutor, co fin de seguir contribuíndo a garantir a operatividade e eficacia as distintas unidades das que se constitúen os servizos de emerxencia municipais pero tamén as cadeas de mando tan importantes para a coordinación de operativos e a toma de decisións”, engadiu Alvarellos Fondo.

A relación de prazas por oposición libre recollidas na Oferta de Pública de Emprego deste exercicio recolle, por tanto: 2 prazas de Policía Local (Escala Básica C1), 2 prazas de Bombeiro/a Condutor/a (Extinción de Incendios C2); 1 praza de Arquitecto/a (Escala Administración Especial A1); 5 prazas de Auxiliares Administrivo/as (Subescala Auxiliar C2); 1 praza de Técnico/a de Educación Infantil (Subescala Técnica B); 1 praza de Oficial Pintor/a en Vías e Obras (Persoal de Oficios C2); 1 praza de Operario/a en Vías e Obras (Persoal de Oficios AP); 2 prazas de Delineante/a (Subescala Técnica C1); 1 praza de Técnico/a (Escala de Administración Xeral, A1); 1 praza de Oficial Lector/a de Contador (Persoal de Oficios C2) e 1 praza de Enxeñeiro de Camiños (Administración Especial A1).

Así mesmo, convocaranse 8 prazas por promoción interna: 4 prazas de Oficial de Policía Local (Administración Especial CI), 2 prazas de Auxiliar Administrativo/a (Administración Xeral C2), 1 praza de Oficial Sepultureiro/a (Persoal de Oficios, C2) e 1 praza de Oficial Cociñeiro/a (Persoal de Oficios, C2).

 Audio

Noticias relacionadas