O executivo de Lara Méndez, aproba a adquisición dun vehículo de mando para o servizo de prevención e extinción de incendios

O goberno autorizará a concesión de 6 licenzas urbanísticas, entre elas dúas tiñan aprobada a proposta en outubro de 2018, pero estaba pendente por parte do promotor: a Concellería de Educación, o abono das taxas

Luz verde para o vehículo de mando e comunicación para o servizo de prevención e extinción de incendios e salvamento cun precio total de 43.000 e entrega previsto en 40 días

Na Orde do Día da reunión figura, ademais, a aprobación do convenio para facilitar aos lucenses o pago de recibos municipais a través de xiro postal, unha nova fórmula para realizar o abono de taxas, impostos e outras contribucións, achegando novas posibilidades para o pago de tributos aos contribuíntes, con Correos

Mércores, 05 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O executivo de Lara Méndez, aproba a adquisición dun vehículo de mando para o servizo de prevención e extinción de incendios

Esta mañá a Xunta de Goberno aprobaba seis licenzas urbanísticas. Dúas tiñan aprobada a proposta en outubro de 2018, pero estaba pendente por parte do promotor: a Concellería de Educación, o abono das taxas. Na última semana de xullo dita Concellería abonou o mesmo, e quedarían aprobadas tanto a construción de muro de contención e peche nos límites este e sur coma a reconstrución de muro de contención e peche no cifp as mercedes, sito na avda. de Madrid, por valor de 131.405 €.

As restantes inclúen a modificación da altura dun almacén, conservando as dimensións en planta, en explotación gandeira en abaixo-rubiás por valor de 36.969 €, unha a reforma de planta baixa e redución de planta alta en nave de uso industrial, sita na rúa antonio eleizegui lópez, do parque empresarial as gándaras por valor de 20.084 € e un cambio de uso de oficina a vivenda, na ronda da muralla de importe 30.251 €.

Xa noutra orde de asuntos, na reunión que o equipo de goberno mantivo esta mañá aprobouse a contratación do servizo de coordinación de seguridade e saúde na  execución de reparacións e traballos de apoio na reparación de avarías na rede de abastecemento de auga, trámite necesario no recente contrato de servizo 24 horas de arranxo de fugas fóra do horario da Brigada de Augas. Contrato cunha duración de un ano, que poderá ser obxeto de prórroga por outros dous períodos máximos anuais, sin que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poda exceder tres anos, o orzamento máximo de licitación ascdende a 4.731,71 €.

Durante a sesión celebrada esta mañá aprobouse tamén o mantemento de instalacions deportivas municipais cun orzamento de 11.075€ xunto co mantemento de edificios municipais por o mesmo valor, contratos cunha duración de un ano, que poderán ser obxecto de prórroga por outros dous períodos máximos.

Luz verde para o vehículo de mando e comunicación para o servizo de prevención e extinción de incendios e salvamento cun precio total de 43.000 e entrega previsto en 40 días.

En materia de benestar aprobouse a prórroga do contrato dende o 14 de xullo de 2020 ata o 13 de xullo de 2021 do servizo de comida no fogar do concello de lugo a Alimentacion Saludable Gallega S.L. e tamen se aprobou a prórroga do contrato dende o 21 de xuño de 2020 ata o 20 de xuño de 2021  do servizo de axuda no fogar no concello a Sacyr Social S.L.

Ademáis se aprobou o convenio para facilitar aos lucenses o pago de recibos municipais a través de xiro postal, unha nova fórmula para realizar o abono de taxas, impostos e outras contribucións, achegando novas posibilidades para o pago de tributos aos contribuíntes, con Correos.

Noticias relacionadas