O executivo de Lara Méndez abre mañá o prazo para solicitar as bolsas municipais ao Talento Deportivo

O obxectivo e apostar polo talento local e “axudarlles para que poidan sufragar os gastos que lles poida ocasionar a súa práctica e a participación nas competicións”.

Os deportistas individuais que estea federados e empadroados no Concello de Lugo poderán presentar as solicitudes ata o 19 de novembro.

Xoves, 28 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O executivo de Lara Méndez abre mañá o prazo para solicitar as bolsas municipais ao Talento Deportivo

O executivo de Lara Méndez, a través da área de Deportes, abre maña, 29 de outubro, o prazo para solicitar as bolsas municipais ao Talento Deportivo, destinadas a deportistas individuais que destacaran pola súa participación en eventos deportivos con resultados relevantes a nivel autonómico ou nacional na tempada pasada.

“Trátase dunha axuda destinada aos deportistas que se atopen federados, coa que pretendemos fomentar a práctica deportiva e a súa participación en competicións, axudando desta forma a que sufraguen os gastos que ocasiona a realización das mesmas”, sostén a rexedora.

O edil de Deportes, Mauricio Repetto, recalcou que “desde o consistorio continuamos apostando polo fomento das actividades deportivas e, por iso, volvemos lanzar esta convocatoria de subvencións por valor de 23.735 euros dirixida aos nosos deportistas locais”. Os deportistas deberán estar empadroados no Concello de Lugo dentro do prazo de presentación e federados na tempada 2020, e como mínimo con alta no Padrón Municipal desde o 1 de xaneiro dese ano.

O concelleiro lembrou que este pasado verán, o Concello deu un paso máis aló coa organización da I Gala dous Talentos Deportivos para enxalzar o mérito destes mozos e mozas, gala que terá continuidade este ano.

Os interesados teñen ata o próximo 19 de novembro para presentar as súas solicitudes, ben por vía electrónica (a través da sede electrónica) ou no rexistro do Concello, para o que deberán achegar a documentación correctamente cumprimentada. Terán que acreditar que son deportistas non profesionais empadroados en Lugo, así como estar en posesión da licenza en vigor correspondente da federación.

Documentación a presentar xunto coa solicitude

  • a.- Fotocopia do DNI da persoa solicitante é, de ser o caso, do representante legal e documento que acredite a representación (no caso de ser menor de idade deberán achegar ademáis copia do Libro de familia e do DNI do pai/nai/titor legal e asinar todos os Anexos xunto ao solicitante).
  • b.- No caso de persoas con discapacidade, acreditación expedida polo Organismo competente vixente no momento da presentación da solicitude.
  • c.- Certificación expedida pola respectiva Federación de posesión da correspondente licenza federativa oficial individual para a respectiva disciplina e/ou modalidade deportiva durante o ano 2020 e no momento da solicitude da bolsa, así como indicación do club polo que ten ficha e o currículo deportivo do ano 2020, indicando os postos conforme os criterios de avaliación do punto cuarto de estas bases, así como se é deportista con discapacidade e compite nesta modalidade.
  • d.- Acreditación da superación do curso académico.
  • e.- Declaración xurada da existencia ou non doutras axudas solicitadas ou concedidas por ésta ou por outras Administracións. No caso de existir, indicarase a Entidade e contía (ANEXO II-D).
  • f.- Declaración responsable de non atoparse inhabilitado/a ou estar incurso/a en prohibición para acceder á condición de beneficiario/a de subvencións do Concello de Lugo, de conformidade co establecido no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións. (ANEXO II-D).
  • g.- Declaración responsable de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, incluíndo as municipais e fronte á Seguridade Social (ANEXO II-D).
  • h.- Certificado bancario do número de conta da persoa beneficiaria, no que figurará o deportista solicitante como titular e con data de expedición actualizada.

Prazo de presentación

Prazo de presentación de instancias 15 días hábiles a partir de mañá día 29 de outubro inclusive (sen contar, sábados, domingos e festivos).

Noticias relacionadas