O executivo de Lara Méndez abona nos vindeiros días as axudas de apoio ao talento deportivo, dotadas con 26.000 euros

O obxectivo é impulsar a práctica e mellora do rendemento deportivo nas respectivas modalidades, así como axudar a custear os gastos derivados do reforzo académico

En total, recibirán este apoio 65 deportistas lucenses, segundo o edil Miguel Fernández, dos que 57 cobrarana nos vindeiros días

Martes, 19 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O executivo de Lara Méndez abona nos vindeiros días as axudas de apoio ao talento deportivo, dotadas con 26.000 euros

O goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Deportes que dirixe o edil Miguel Fernández, procederá ao abono das axudas económicas establecidas para os e as lucenses con talento deportivo, dotadas cun orzamento de 26.000 euros.

“Nos vindeiros días un total de 57 beneficiarios recibirán axudas por un importe de 20.090 euros”, segundo o concelleiro. Debido á suspensión dos prazos administrativos provocados polo estado de alarma, 8 solicitudes aínda teñen pendente de completar ou incorporar documentación, pero unha vez a situación se normalice serán resoltos.

Estas axudas teñen como obxectivo apoiar a práctica e mellora do rendemento deportivo nas respectivas modalidades e axudar a custear os gastos derivados do necesario reforzo académico, sendo subvencionables gastos de aloxamento, material deportivo non inventariable, vestiario e gastos médicos, entre outros.

Estas subvencións veñen a completar as axudas por importe de 143.314 euros destinadas a Clubs e Asociacións sen animo de lucro que desenrolan a súa actividade no municipio co fin de promocionar e fomentar a actividade física no municipio.

Audio

  • O edil de Deportes, Miguel Fernández, sobre a subvención ó deporte | Descargar mp3

Noticias relacionadas