O EspazoLab acollerá dende o mércores unha exposición fotógrafica para concienciar sobre as capacidades laborais das persoas con diversidade funcional

Luns, 25 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Visibilizar para sensibilizar. Con ese obxectivo o CEI – Nodus inaugurará este mércores, día 27, unha exposición fotográfica coa que a área de Desenvolvemento Local e Emprego quere difundir non só as aptitudes de emprendemento das persoas con diversidade funcional senón tamén as súas potencialidades laborais.

A mostra, que será inaugurada ás 12 do mediodía polo concelleiro Mauricio Repetto e a edil de Igualdade, Ana Abelleira, recolle en total unha trintena de imaxes que o fotógrafo coruñés Diego Silva obtivo en distintos centros especiais de emprego co obxectivo de plasmar a actividade diaria que desenvolven estas persoas e as diferentes capacidades do colectivo.

Unha reportaxe documental itinerante que permanecerá exposta na sala multiusos do segundo andar do EspazoLab.

Noticias relacionadas