O equipo de goberno lamenta o falecemento da compañeira Luisa Zarzuela

Mércores, 08 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A alcaldesa Lara Méndez, en nome do executivo local, lamenta profundamente o falecemento de Luisa Zarzuela, ex edil do Concello de Lugo, entre outros cargos, de Servizos Xerais entre os anos 2003 e 2011.

Como presidenta da Corporación, a rexedora, Lara Méndez fixo públicas as condolencias de todo o equipo de goberno e quixo transmitir “toda a nosa solidariedade e o noso afecto, nestes momentos tan difíciles, á súa familia e ás persoas achegadas á nosa compañeira, así como á militancia do Partido Socialista, organización dende a que Luisa Zarzuela consagrou unha parte importante da súa vida, con xenerosidade e de forma incansable, á defensa dos dereitos sociais e á mellora das condicións de vida da cidadanía lucense”.

Noticias relacionadas