O Entroido de Lugo abre o prazo de inscrición para os seus dous concursos de disfraces, que repartirán máis de 6.000€ en premios

As inscrición deberán realizase no departamento de Cultura, na Praza Maior, antes das 14:30 horas do venres, 1 de marzo -para o certame infantil-, e do luns, 4 de marzo, para o de adultos

O infantil terá lugar o sábado 2 de marzo e o de adultos celebrarase o martes 5 de marzo. Ambos os dous comezarán a partir das 17:00 horas

Xoves, 31 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Entroido de Lugo abre o prazo de inscrición para os seus dous concursos de disfraces: o infantil, que terá lugar o sábado 2 de marzo e o de adultos, que se celebrará o martes 5 de marzo. Ambos os dous comezarán a partir das 17:00 horas e repartirán un total de máis de 6.000 euros en premios. Os participantes concentraranse na Praza da Soidade media hora antes do desfile, que terá o seguinte  percorrido: rúa Antón Fraguas Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior.

As inscrición deberán realizase no departamento de Cultura, na Praza Maior, antes das 14:30 horas do venres, 1 de marzo, para o certame infantil, e do luns, 4 de marzo, para o de adultos. 

O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.

Os premios son os seguintes:

  • En canto a nenos e nenas

Individual

1º premio:  vale por lote de libros de 50 euros

2º premio: vale por lote de libros de 40 euros

3º premio: vale por lote de libros de 30 euros

Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros de 50 euros

Parellas

1º premio: vale por lote de libros de 75 euros

2º premio: vale por lote de libros de 60 euros

3º premio: vale por lote de libros de 50 euros

Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros 75 euros

Comparsas

1º premio: vale por lote de libros de 150 euros

2º premio: vale por lote de libros de 120 euros

3º premio: vale por lote de libros de 100 euros

Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros de 150 euros

Na categoría de infantil haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos ou bricks, entre outros. A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres.

  • Para os adultos

Individual

1º premio: 500 euros

2º premio: 300 euros

3º premio: 200 euros

3 premios de 50 euros

Parellas

1º premio: 600 euros

2º premio: 400 euros

3º premio: 300 euros

5 premios de 100 euros

Comparsas

1º premio: 1.100 euros

2º premio: 800  euros

3º premio: 600 euros

7 premios de 200 euros

Documentos

Audio

Noticias relacionadas