O entorno do río Rato desborda atletismo coa segunda proba do 17º Circuíto Larsa Corre con Nós

Miguel Fernández deu o pistoletazo de saída ás distintas categorías desta proba, cun recorrido de preto de 6 quilómetros para a de adultos e de entre os 400 metros e 2,2 quilómetros para as infantís

As vindeira proba terá lugar o domingo 19 de marzo, na zona do Centro Comercial As Termas

Domingo, 12 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O entorno do río Rato desbordou este domingo atletismo coa segunda proba do 17º Circuíto Larasa Corre con Nós, que este ano como novidade inclúe novas categorías para as clasificacións, como as de colexios, familias e equipos.

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deu o pistoletazo de saída ás diferentes categorías desta carreira, que tivo un percorrido de entre os 400 metros e os 2,2 quilómetros para as categorías infantís e de preto de 6 quilómetros para a de adultos.

Ao remate das carreiras dos máis cativos, Miguel Fernández entregoulle aos nenos e nenas gañadoras os seus respectivos trofeos e medallas.

A vindeira proba deste circuíto, que engloba 6 carreiras ata xuño, terá lugar o domingo 19 de marzo na zona do Centro Comercial As Termas.

Noticias relacionadas