O entorno do Parque de Feiras e Exposicións de Lugo acolle a quinta carreira do Corre con Nós

Miguel Fernández deu o pistoletazo de saída ás diferentes categorías desta proba, que tivo un recorrido de 5,8 quilómetros para os adultos e entre os 350 metros e os 1,8 quilómetros para as categorías infantís

As últimas probas do circuíto dos nenos terán lugar o sábado 4 de xuño nas Pistas da Cidade Cultural e a dos adultos será o domingo 5 de xuño no Complexo Deportivo de Frigsa

Sábado, 07 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O entorno do Parque de Feiras e Exposicións de Lugo acolle a quinta carreira do Corre con Nós

Este sábado celebrouse unha edición máis do Corre Con Nós, que discorreu polo entorno do Parque de Feiras e Exposición de Lugo, e na que se deron cita ao redor de 2.800 atletas de todas as idades, dos 5 anos en diante, tanto afeccionados como profesionais, e de todos os puntos do municipio e da provincia. Trátase da quinta carreira popular, enmarcada na 16ª edición do Circuíto Larsa Corre con Nós, que engloba un total de 6 carreiras ata xuño.

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deu o pistoletazo de saída ás diferentes categorías desta carreira, que tivo un percorrido de entre os 350 metros e os 1,8 quilómetros para as categorías infantís e de 5,8 quilómetros para os adultos. Fernández destacou o “éxito de participación” desta cita deportiva, así como nas súas potencialidades, que pasan por fomentar a práctica do deporte e por promover a riqueza de Lugo.

Ao finalizar as probas, o Concelleiro fixo entrega de medallas e trofeos aos gañadores das categorías infantís, tanto femininas como masculinas.

Últimas probas

As últimas probas deste circuíto nas categorías infantís terán lugar o sábado 4 de xuño nas Pistas da Cidade Cultural e na categoría de adultos será o domingo 5 de xuño no Complexo Deportivo de Frigsa.

Multimedia

  • O entorno do Parque de Feiras e Exposicións de Lugo acolle a quinta carreira do Corre con Nós
  • O entorno do Parque de Feiras e Exposicións de Lugo acolle a quinta carreira do Corre con Nós

Noticias relacionadas